A RAG estudará a obra de Emilia Pardo Bazán nun congreso no 2004

Dona Emilia na RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, comunicou hoxe, según informa Europa Press, que a institución que preside celebrará un congreso en maio de 2004 e torno á obra de Emilia Pardo Bazán. As declaracións de Barreiro fixéronse durante o asinamento dun convenio de colaboración coa Fundación Caixa Galicia que aportará 54.901 euros para o programa de actividades en memoria da escritora galega. Barreiro recordou que a intención da RAG é crear un centro de investigación da obra de Pardo Bazán e servir de referencia para as investigacións que se fagan sobre a súa obra.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, Xosé Ramón Barreiro, Fundación Caixa Galicia, Real Academia Galega...