Especialistas na obra de Pardo Bazán reúnense nun congreso na Coruña

O cumio comeza hoxe na Fundación Caixa Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Coruña convértese desde hoxe en Marineda. Principalmente porque especialistas da obra de Emilia Pardo Bazán reúnense ata o venres na sede da Fundación Caixa Galicia para pór en común as súas investigacións sobre a escritora coruñesa. O contexto histórico e cultural, a iconografía, a educación e emancipación da muller son algúns dos temas que se analizarán estes días. O congreso, A literatura de Emilia Pardo Bazán, conta coa presenza de máis de 70 investigadores chegados de 45 universidades.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fundación Caixa Galicia, Emilia Pardo Bazán, Literatura...