A Biblioteca de Galicia homenaxea a Pardo Bazán cunha mostra bibliográfica

A autora protagoniza ademais un novo microespazo en Galiciana

29/12/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturahistoria
2 lecturas | Compartido 0 veces

Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán é o título da mostra que desde o pasado 22 de decembro e ata o vindeiro mes de xaneiro. Comisariada por Charo Crespo, a mostra recolle 60 obras artelladas en seis seccións para amosar a obra máis significativa da autora e dar a coñecer a súa vida a través de fondos bibliográficos custodiados na Cidade da Cultura ás que se engaden copias dixitais de manuscritos e fotografías do Arquivo da Real Academia Galega.
Entre outras pezas pódense contemplar na mostra unha primeira edición da súa primeira novela publicada, Pascual López: autobiografía de un estudiante de medicina (1879), ou títulos como La Tribuna ou Los Pazos de Ulloa. Canda ás obras da autora poden verse biografías sobre a figura da intelectual como as de Isabel Burdiel ou Gómez de la Serna, e estudos como que aborda a súa correspondencia con Pérez Galdós.

De xeito paralelo á mostra, Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia acaba de presentar un microsite dedicado a Pardo Bazán. No mesmo poden atoparse os 75 fondos dixitalizados da literata que están dispoñibles neste espazo, entre eles sete versións en formato epub dos seus títulos máis significativos.

Universo culturagalega.gal