Un total de 85 cartas autógrafas, ata o momento inéditas, enviadas por Emilia Pardo Bazán á súa amiga Carmen Miranda Armada, acaban de se incorporar aos fondos da Real Academia Galega. A entidade adquiriu este material redactado entre 1870 e comezos do século XX no que Pardo Bazán aborda desde cuestións política ata comentarios sobre a moda do momento. Este conxunto documental é un dos máis relevantes de cartas da autora, tanto polo seu volume como polo período temporal que abrangue.
A coincidir coa presentación destes fondos, a RAG daba a coñecer onte o novo número de La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A revista publica o libreto da ópera La Tribuna, adaptación realizada por Javier Ozores da novela homónima da escritora coruñesa, ademais de achegar artigos de Manuel González Prieto sobre dous fitos na vida autora, de Ruth Gutiérrez Álvarez sobre os personaxes femininos nas últimas obras da autora ou de Ángeles Ezama Gil sobre a representación da danza nas obras da autora.