Vigo lembra a historia do arquitecto Michel Pacewicz

Unha exposición inaugurada en Vialia explica a súa obra pública e privada

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
Exposición en Vialia.

Exposición en Vialia.

A historia do arquitecto francés de orixe polaca Michel Pacewicz dá para un filme, pero por agora ten unha exposición no novo centro comercial Vialia de Vigo. Este arquitecto, residente en París, comezou a ter contacto coa burguesía viguesa na capital francesa a partir de Benito Sanjurjo, que tamén vivía alí. Os contactos estreitáronse na Exposición Universal de París, onde coñeceu a outros potentados da cidade, e o arquitecto comezou a facer proxectos urbanísticos para Vigo. En 1904, con 61 anos, Pacewicz e a súa muller mudáronse á cidade galega para desempeñar, durante 16 anos, unha intensa actividade urbanística que constitúe, hoxe en día, un dos rostros estéticos da cidade. Unha exposición promovida pola Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o concello de Vigo rememora a través de 12 paneis informativos, a pegada viguesa do arquitecto. Pacewicz é o autor de edificios como a Escola de Artes e Oficios, o edificio El moderno, as casas de Oia en García Barbón ou a Casa Yáñez.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Concello de Vigo, Oia

Claves

Lugares