A Fundación Juana de Vega daba a coñecer este 9 de decembro o fallos do seus Premios de Intervencións na Paisaxe, que este 2021 convocou na categoría de vivenda unifamiliar. O xurado seleccionou como gañador desta edición o proxecto "Surf House", dos arquitectos Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo.
Desta construción localizada en Fieiros, Porto do Son, o xurado valorou "a calidade xeral da obra, o esforzo na investigación tipolóxica e tecnolóxica que permitiu unha solución moi interesante como posible modelo de inspiración noutras zonas". Ademais, o fallo resalta "o tratamento do espazo, ben construído e organizado, e o equilibrio entre a zona de día e a de noite. A obra amosa unha moi boa conexión e integración coa contorna, non bloqueando as vistas gracias a súa baixa altura e cuberta plana sumamente lixeira".
Casa Elías. Fonte: Fundación Juana de Vega
Pola súa banda, Juan Creus e Covadonga Carrasco obtiveron un accésit no galardón polo seu proxecto "Casa Elias" en Corcubión. "O coidadoso acabado da obra, adaptando as solucións técnicas á realidade dunha casa do século XV" na que destaca tamén "a integración na contorna, especialmente na súa conexión coa igrexa" foron valores sinalados polo comité.
Casa Fortiñón. Fonte: Fundación Juana de Vega
Outro accésit foi para Ángel Santorio Cuartero polo seu proxecto "Vivenda unifamiliar en Fortiñón - Saiáns", que conta "cun deseño avanzado, de liña internacional, e un eficaz emprego dos materiais construtivos". Ademais, o fallo destaca o traballo de Cecilia López Muiños, Juanjo Otero e Luis Ángel López de Mol Arquitectura, cunha casa no Lugar de Saa en Carballeda de Avia.
Gonzalo Byrne, Pedro Calaza Martínez, Elena Ampudia Aixendri, Ginés Garrido, Plácido Lizancos, Enrique Sáez Ponte, Rosario Sarmiento Escalona e Teresa Táboas Veleiro foron as persoas responsables da selección. Os galardóns recoñecen "aquelas intervencións no patrimonio natural e construído, que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e que sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo" e convócanse en sucesivas edicións nas modalidades de Intervencións en espazos exteriores, Intervencións privadas no patrimonio construído e na súa contorna, e Vivendas Unifamiliares.