Fernando Fraga: cando os galegos descubrimos por que as Rías Baixas eran tan produtivas

O CCG e Divulgacción inician o podcast Voces da ciencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Entrevista a Fernando Fraga. Foto: Divulgacción

Entrevista a Fernando Fraga. Foto: Divulgacción

Fernando Fraga tiña 97 anos cando varios investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo e o divulgador Manuel Vicente o entrevistaron en xullo de 2019. Hoxe, unha versión editada de 15 minutos desa entrevista inédita sae á luz como a primeira emisión do podcast Voces da ciencia que o Consello da Cultura Galega e a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción) inician e que terá periodicidade mensual. O podcast permitirá coñecer a algunhas das grandes figuras científicas da Galicia do século XX na súa propia voz, coñecendo o seu itinerario vital e biográfico. O programa iníciase o 8 de outubro, Día da Ciencia en Galicia, coa voz do químico Fernando Fraga, un dos investigadores máis recoñecidos no ámbito oceanográfico. Fraga (Santiago de Compostela, 1922 - Nigrán, 2020) foi un químico que dedicou boa parte da súa carreira investigadora aos océanos. De feito, dicían os seus colegas que “tiña o océano na cabeza”. Os seus traballos permitiron escribir por primeira vez como o afloramento costeiro é o causante da altísima produtividade das Rías Galegas. A figura de Fernando Fraga é pouco coñecida e recoñecida malia ser un dos grandes nomes da oceanografía química internacional.

Fernando Fraga (Santiago de Compostela, 1922 - Nigrán, 2020) foi un químico que dedicou boa parte da súa carreira investigadora aos océanos. De feito, dicían os seus colegas que “tiña o océano na cabeza”. Os seus traballos permitiron escribir por primeira vez como o afloramento costeiro é o causante da altísima produtividade das Rías Galegas. A entrevista que abre este proxecto é unha das últimas que concedeu e dos poucos rexistros sonoros que existen coa súa voz.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Rías Baixas, Manuel Vicente, Santiago de Compostela...