"O acceso ao sistema educativo exerce un forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás, moito antes do constatado nos estudos realizados ata o momento, centrados maioritariamente na adolescencia". Deste xeito presenta a Real Academia Galega as conclusións do Mapa sociolingüÃstico escolar de Ames, a investigación que desenvolveu a entidade en colaboración con este concello a analizar a situación do galego no ámbito educativo municipal.
O estudo que asinan Henrique Monteagudo Romero, XaquÃn Loredo Gutiérrez, Lidia Gómez MartÃnez e Gabino S. Vázquez-GrandÃo recolle datos de máis de 2.000 familias, 264 docentes e case 1.800 escolares e estudantes dos 21 centros educativos públicos e privados deste municipio. Os datos sinalan "unha perda do 10% de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil", segundo indica a RAG. "Esta porcentaxe vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo ata cifras extremadamente preocupantes: na secundaria só o 11% do alumnado é galegofalante e outro 11% bilingüe, fronte a un 77% de falantes habituais de castelán, a maiorÃa deles monolingües".
Segundo destaca a institución, a grande achega deste traballo é revelar como o proceso de substitución lingüÃstica existe desde as primeiras etapas educativas. "Os procesos de muda cara ao castelán semellan aumentar desde arredor dos 2 e 3 anos ata os 6 e 7, no paso do ciclo de infantil ao de primaria, que pode implicar cambios de centro educativo e redes sociais", sinalan as conclusións do informe, que lembra tamén que "as polÃticas lingüÃsticas desenvolvidas ata o de agora estiveron centradas na educación secundaria, é dicir, anos despois de sucedida esta muda. Os datos convidan a cuestionar este modelo e reflexionar sobre as modificacións precisas para estas polÃticas".
Os datos sinalan que en Ames "o 41% das nais e o 47,5% dos pais dos cativos e cativas do primeiro ciclo de infantil falan habitualmente galego, e arredor do 12% ambas as linguas. Canto aos propios menores nesta etapa, as porcentaxes redúcense ao 32,4% do galego como lingua habitual e ao 18% das dúas por igual. Pero, ademais, un fillo ou filla de cada dez (11,5%) renuncia á lingua familiar xa no seu primeiro contacto coa escola".
O impacto sobre a lingua dáse alén das aulas, xa que segundo esta análise "arredor do 25% do alumnado de primaria de Ames nunca tivo presente a lingua galega en dous dos seus principais contextos de socialización: a relación entre iguais e as actividades extraescolares", e advirte que "de feito, neste último caso semella ter máis presenza unha lingua estranxeira que a lingua galega".
A Academia anuncia que a partir desta análise, que está dispoñible Ãntegra no web da RAG, desenvolverase un novo traballo de intervención educativa no que se elaborarán propostas para a mellora da situación da lingua.