"Cal e á paisaxe sonora de Ribadavia? Axúdanos a buscala". Esta é a proposta que o Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), centro do Consello da Cultura Galega (CCG), realiza os vindeiros dÃas 17 e 24 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia. O director do ASG, Xosé Ramón Pousa, é o encargado de impartir dúas actividades encamiñadas visibilizar o proxecto e a convidar á veciñanza a que rexistre os sons caracterÃsticos desta vila para incorporalos ao Mapa Sonoro de Galicia.
Este venres, 17 de setembro, terá lugar a primeira das actividades previstas para visibilizar o Mapa Sonoro de Galicia. O director deste centro, Xosé Ramón Pousa, fará unha presentación do centro e da historia da gravación sonora a través dunha selección dos máis de 400 discos de pedra relacionados con Galicia con gravacións realizadas entre 1904 e 1950.
A segunda terá lugar o vindeiro venres, 24 de setembro, e consistirá nun obradoiro de son sobre as paisaxes sonoras co obxectivo de que as persoas interesadas colaboren co Arquivo Sonoro de Galicia gravando co seu teléfono móbil aqueles sons que para cada un deles sexa caracterÃstico da vila.
Esta actividade está realizada coa colaboración do Museo Etnolóxico, Concello de Ribadavia e Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia.