Nome fundamental do noso teatro, escritor dramaturgo e ex-director da editorial Laiovento, Francisco Pillado Mayor faleceu onte na súa cidade natal, A Coruña, ao 80 anos de idade (1941-2021). O pasamento de Pillado suscitou numerosas reaccións no sector teatral e cultural en xeral, onde era moi querido e recoñecido. Membro moi activo da comunidade cultural do paÃs neses eidos, foi promotor dos grupos de teatro O Facho, da Escola Dramática Galega, o grupo LuÃs Seoane (1980) e Elsinor Teatro e o grupo de Teatro de Alumnos da Escola de Estudos Sociais da Coruña. Durante varios anos ocupou a presidencia da Escola Dramática Galega e dirixiu o seu departamento de Estudios Teatrais.
Segundo recolle a Biblioteca Virtual galega na súa biografÃa, Pillado foi coautor de Textos pra o ensino do Galego, O Teatro Galego, AntoloxÃa do teatro galego, Diccionário do teatro galego 1671-1985, Conversas en Compostela con Carballo Calero e A nación incesante. Conversas con Xosé Manuel Beiras.Asimesmo, é autor de numerosas traducións e versións (Nicolás Guillén, GarcÃa Lorca, Chekhov, Molière, Genet, Beckett, Strindberg ou Ghelderode.En 1984, foi elixido membro da Xunta Directiva da Asociación de Escritores en LÃngua Galega (AELGA) e, dous anos despois, nomeado vicepresidente da Federación de Asociacións Culturais Galegas, e directivo da A. C. O Facho. En 1989, acadou o Premio da CrÃtica polo seu labor como director dos Cadernos da Escola Dramática Galega. En 1996 doou a súa Biblioteca-Arquivo de Teatro á Universidade da Coruña, que pasou a denominarse Biblioteca-Arquivo de Teatro Francisco Pillado Mayor. Ata o ano 2014 foi director da editorial laiovento, fundada en 1990 por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Xesús Couceiro, Manolo González Millares, Afonso Ribas e el mesmo. Nos anos seguintes recibiu varias homenaxes tanto pola súa labor cultural coma polos seus valores republicanos. O seu falecemento foi respondido desde as redes sociacis por asociacións e particulares relacionados co mundo do teatro e, compañeiros e editores.