Analizar o xeito no que as medidas de protección que se aplican a petróglifos poden contribuÃr a evitar lumes forestais. Este é o obxectivo do proxecto Paleointerfaz, que presentou recentemente a Universidade de Vigo e que prevé desenvolverse ata 2024. Segundo explica a investigadora principal da iniciativa, Julia Armesto, a intención é desenvolver "ferramentas e estratexias de xestión integrada de xacementos arqueolóxicos e incendios forestais".
O proxecto xurdiu da análise que realizaron investigadoras e investigadores da Escola de EnxeñarÃa Forestal sobre o xeito no que a área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, evitou a expansión de lumes durante a vaga que se deu en 2017. Segundo explican desde Paleointerface "tanto pola súa disposición xeográfica como polas actuacións na vexetación para facelos accesibles ao público, elementos patrimoniais como os petróglifos, nos que se centra esta investigación, poden contribuÃr a modificar de maneira substancial un eventual incendio".
Para desenvolver ferramentas de xestión neste sentido, o proxecto prevé detectar e caracterizar aqueles espazos nos que se dá a confluencia entre patrimonio e espazos forestais con risco de incendio. Mapas tridimensionais destes puntos e técnicas de procesamento big data permitirán definir modelos e realizar simulacións do potencial comportamento do lume nos mesmos para deseñar actuacións concretas que permitan diminuÃr os seus efectos.
Segundo apunta Armesto, este coñecemento pode "facer máis eficientes" os investimentos das administracións "tanto para prevención de lumes como para o mantemento do patrimonio cultural". Nunha primeira fase o estudo concentrarase na comarca do Baixo Miño e no concello das Neves, que contan cunha ampla densidade de petróglifos.