Xa estaba todo preparado e anunciado. Esta fin de semana o barrio vigués de Bouzas reviviría un verán máis o xeito tradicional de navegar a través das actividades da Semana do Mar que organiza anualmente a Asociación de Mariñeiros Artesanais e deportivos de San Miguel. Sen embargo a falta de recursos, fundamentalmente humanos, motivou a suspensión a última hora dunha convocatoria que se ía consolidando ano a ano.
Durante a vindeira semana o barrio de Bouzas ía lembrar, como xa era habitual a súa tradición mariñeira a través dos diferentes actos da Semana do Mar, que tiña o seu comezo previsto para o nove de agosto. A Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel desta localidade, son os responsables desde hai arredor de cinco de organizar un evento que atrae a cada vez máis participantes e que lles lembra aos veciños o xeito en que se traballaba antes o mar. Desde as antigas embarcacións ata os diversos oficios e xeitos de traballo que aínda se conservan, esta asociación procura difundir todo o relacionado coa navegación tradicional.
Exceso de traballo
Os problemas de última hora impedirán que este ano se celebre a Semana do Mar. Segundo nos explican desde a organización nestes momentos hai dezaseis persoas traballando para ultimar os novos peiraos que quere construír a asociación. Estamos movendo as embarcacións e acondicionando a zona. A isto súmase que moita xente marchou de vacacións e que outra boa cantidade dos socios está a colaborar na organización da Festa da Rincha coas asociacións de veciños e de comerciantes da zona. Resumindo, unha acumulación de factores imprevistos que dificultan enormemente as posibilidades de levar adiante o encontro nas datas previstas.
Mais do que ollar
O programa previsto para esta edición viña ben completo. De xeito semellante a anteriores convocatorias, pretendíase organizar no paseo Paz Andrade de Bouzas unha mostra de embarcacións tradicionais, tanto de nova construcción coma restauradas, desde as coñecidas traiñeiras, dornas ou bucetas ata os faluchos orixinais desta vila. Ademais de admirar os barcos, desde a asociación estaba previsto organizar paseos para que os visitantes tamén puidesen navegar en compañía de patróns experimentados. Tamén estaba programada unha mostra de maquetas de barcos, artes de pesca e diferentes ferramentas de navegación nun pavillón próximo. Uns obradoiros de sete a nove da noite ensinarían as artes tradicionais para elaborar redes, nós e nasas aos interesados.
A recuperación
A Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel conta cuns trescentos membros, amantes do mar que teñen cadansúa embarcación, moitas delas tradicionais. Un exemplo disto é Ángel Torres, presidente da Asociación e dono dun racú coñecido coma A Velliña. Torres conseguiu este barco en Arcade, en moi malas condicións, e na actualidade está a restauralo. Coma el, outros socios recollen restos e reconstrúen antigas barcas, como foi o caso de quen reconstruíu unha dorna tope a partir dunha quilla que se atopaba mergullada. Con estas embarcacións a Asociación participa habitualmente en encontros dedicados á recuperación da tradición mariñeira, e durante o verán ofrece cada martes e xoves a posibilidade de pasear pola Ría de Vigo ao vello xeito, facendo parte da tripulación dunha traiñeira ou coñecendo as artes de navegación a vela. Este tipo de actividades está a conseguir unha grande aceptación na zona. Aquí cada vez a xente vén preguntar máis e quere vir participar, apuntan desde a asociación. Ademais, a Semana do Mar foi ata o de agora consolidándose entre os veciños da zona, mantívose moi ben, ademais coincide coa visita de turistas e atrae a moita xente.
Futuro
Entre os vindeiros proxectos da asociación está a reconstrucción dunha gamela curuxeira e dunha traiñeira de xeito, unha tarefa nada doada pola escaseza de carpinteiros de ribeira no país e polo alto prezo que alcanzan estas tarefas artesanais. Os mariñeiros tradicionais de Bouzas agardan conseguir da Deputación de Pontevedra unha axuda económica para poder desenvolver este proxecto. A máis longo prazo quererían organizar o primeiro encontro de embarcacións tradicionais na zona e conseguir un novo local. En breve agardan tamén abrir un peirao de cen prazas para liberar de embarcacións as augas achegadas á praia e á dársena e ter onde amarrar as súas vellas barcas.