O Concello de LalÃn renderá hoxe homenaxe ao pintor Laxeiro, ilustre lalinense e Fillo Predilecto no 25 aniversario do seu pasamento cunha serie de actos, que se desenvolven a partir do mediodÃa en dous escenarios, no Museo Municipal Ramón Mª Aller e no panteón de Laxeiro situado no cemiterio de "A Romea". Os ditos actos iniciaranse ás 12.00 horas no Museo Municipal cunha exposición composta por unha selección das obras que o pintor universal doou ao Concello de LalÃn e tamén coa presentación dos Cabezudos de Laxeiro, figuras inspiradas no cadro "A familia da Romea" e realizadas para o Concello polo artista lalinense Luchi Iglesias. A homenaxe a Laxeiro proseguirá no cemiterio de “A Romea” onde se atopa o panteón do pintor universal e onde se realizará unha ofrenda floral. A programación do Concello de LalÃn en homenaxe a Laxeiro continuará o sábado dÃa 24 de xullo con dous pasarrúas teatralizados a cargo dos Cabezudos de Laxeiro que desfilarán por distintos espazos do casco urbano lalinense acompañados de "A Carballeira de Cercio".
É de destacar que esta efeméride do 25 cabodano de Laxeiro se celebra nun contexto no que a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) vén de comunicar a súa decisión de que dedicará ao pintor o DÃa das Artes Galegas 2022. Unha decisión unánime feita pública o 28 de xuño cando a RAGBA decidiu por aclamación homenaxear ao longo de 2022 e en especial o DÃa da Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo.
Exposición escultórico-sonora en Vigo
Tamén con motivo deste XXV cabodano, a Fundación Laxeiro inaugurará o venres, 23 de xullo, na súa sede en Vigo, a exposición titulada RECORDOLETERLORINTOREL, unha proposta do Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) consistente nunha instalación na que o son ten especial importancia, realizada a partir dun texto de Laxeiro do mesmo tÃtulo, no que o artista parodiaba o seu propio currÃculo con palabras inventadas, como crÃtica ao sistema da arte, que para el resultaba totalmente alleo á actividade creativa. O texto foi pronunciado por Laxeiro na compostelá GalerÃa Torques, con motivo da inauguración dunha exposición súa, en 1978. Con esta exposición, a Fundación Laxeiro quere conmemorar o aniversario do falecemento de Laxeiro "incidindo nunha das constantes da súa figura, como foi a defensa radical da súa independencia como artista e tamén, recordalo dunha forma que manteña viva a súa memoria, isto é, convidando a artistas do momento a reflexionar sobre a súa figura, retomando nesta ocasión, a relación da Fundación coa arte sonora, materializada no Festival internacional que organizou durante sete anos". A colaboración con Vertixe Sonora, retoma este compromiso que, no futuro, se materializará noutros proxectos. Para este proxecto, o colectivo NEG está formado por Misha Bies Golas (LalÃn, 1977), Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, 1979), Jorge Varela (Allariz, 1971) e Diego Vites (O Grove, 1986).
Recordoleterlorintorel preséntase asà como un berro co que reivindicar o proceso da creación artÃstica en si mesmo, independente do sistema da arte que funciona como mecanismo de lexitimación das prácticas artÃsticas individuais, alleo moitas veces, ás circunstancias nas que cada artista constrúe a súa obra. Con este traballo é inevitable recordar a actitude coa que o dadaÃsmo irrompeu nos primeiros anos do século XX e que significou un xermolo de inconformismo e actitude crÃtica que influÃu de forma decisiva ao longo de todo o século e que cambiarÃa definitivamente a forma de entender a función da arte na cultura e na sociedade.