O Concello de Santiago adxudicaba este 19 de xullo os traballos de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño. A empresa construtora Bauen fÃxose coa adxudicación para recuperar esta construción modernista en ruÃnas situadas nas proximidades da residencia oficial da presidencia da Xunta, e contará cun orzamento de 1.425.000 euros para os seus traballos.
Segundo explicaba a Concello na apertura do proceso de adxudicación, "o proxecto contempla a recuperación do catro amplas estancias principais, con dúas plantas conectadas a través dunha escaleira e un ascensor; asà como a recuperación da antiga capela, situada ao fondo da edificación, con acceso directo desde o exterior. Asà mesmo proxéctase a recuperación da antiga torre do edificio situada na fachada principal".
O Palacete do Espiño edificouse entre 1910 e 1915 a seguir un proxecto de López de Rego. Nos traballos reconstruiranse os antigos muros interiores do edificio e conservarase "a envolvente orixinal da maior parte das fachadas e os novos muros interiores, que substitúen ás fábricas orixinais que desapareceron, distinguiranse formalmente ao exterior dos muros orixinais, cun acabado de madeira tratada, seguindo as directrices da Lei 8/1995 de 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia". Segundo anuncia o Concello, o edifico destinarase a "equipamento municipal cultural e administrativo"