Dous eventos onte confirmaron o interese de diferentes ámbitos do sector cultural galego en afrontar as cuestións de sustentabilidade expostas na Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas para acadar un desenvolvemento sustentable, comprometido co medio e cos valores do seu contorno. Por unha banda, o Consello da Cultura Galega presentou en Monterroso o informe Cultura e sustentabilidade, coordinado polo investigador Fran Quiroga, no que realizaba entrevistas a 10 proxectos empresariais, asociativos e creativos con base ou forte implantación no medio rural galego, para determinar estratexias e visións que permitan unha cultura galega con capacidade para vertebrar as comunidades rurais e contribuÃr ao seu desenvolvemento. O CCG demandou que as polÃticas orzamentarias de cultura teñan en conta o medio rural e sexan usadas para "reequilibrar" Galicia, botando man con especial atención das provincias de Lugo e Ourense.
Por outra banda, 27 festivais de música e cine presentaron onte en Santiago o Pacto Cultura Sustentable, unha serie de compromisos conxuntos vinculados coa axenda 2030 que asumen todos estes eventos, cunha serie de retos anuais ata 2024. Cuestións como a eliminación de barreiras, a redución de residuos, a eliminación do 100% dos plásticos dun só uso ou o uso de enerxÃa procedentes de fontes renovables. Os eventos que subscribiron este pacto son os que pertencen á Asociación Festivais de Música ou a Proxecta. Coordinadora de Festivais de Cinema, e hai exemplos como o Festival de la Luz (Boimorto), o Sinsal de San Simón, o Wos (Santiago), e no ámbito do cine, Cineuropa (Santiago), Cans (O Porriño), o PLay-Doc (Tui) ou o Carballo Interplay. Fóra da asociación tamén está o Marisquiño (Vigo).