Reivindicando a súa condición do "encontro de narración oral máis importante da Península Ibérica", o Festival Atlántica presentouse hoxe á mañá na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ofrecendo a máis ampla programación de todas as nove edicións celebradas ata o momento. O festival celebrarase do 1 ao 11 de xullo, ofrecendo 82 funcións repartidas en 27 concellos e nas que participarán 35 artistas de Galicia e doutros países. Segundo a directora do Festival, Soledad Felloza, as restricións da pandemia "supuxeron unha oportunidade para reformular o festival", trasladándose da súa tradicional cita de marzo a xullo, e apostando por unha programación ao aire libre en espazos singulares do patrimonio cultural galego. Deste xeito, o Curro de Sabucedo (A Estrada), o Castro da Cidá (Ribeira), as Torres de Altamira (Brión) ou o castelo da Frouseira (Foz) serán algúns dos múltiples escenarios que gozarán de sesións de narración oral. Desde a dirección do Festival sinalaron que non se trata só de seleccionar espazos abertos, senón mesmo de ofrecer espectáculos que tamén toquen as propias historias de cada lugar.
Un elenco internacional
Os 35 artistas do Festival proceden de Europa, África e América. Entre eles están Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti". A nómina de contadores complétase cunha trintena de artistas galegos nos que figuran, entre outros, Quico Cadaval, Celso Sanmartín, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Charo Pita, Avelino González ou Raquel Queizás entre outros. Unha das novidades da edición é, precisamente, a idea de espectáculos itinerantes programados ao longo do Camiño de Santiago. O catalán Pep Bruno realizará o camiño francés a pé ofrecendo seis funcións e o galego Avelino González fará o mesmo co Camiño Portugués. Os dous ofrecerán na Colexiata do Sar unha función conxunta titulada "Historias de andantes". O Festival Atlántica conta co apoio da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e co patrocinio de doce concellos galegos.
Sete falares
Pola súa banda, este venres 18 de xuño iníciase a programación do Festival Sete Falares de narración oral, en Pontevedra, e que durará ata o 27 de xuño. Sete Falares contará con 17 contadores de historias entre os que están Lois Pérez, Charo Pita ou Eugenia Manzaneda.