O Códice Rico e o Códice dos Músicos das Cantigas de Santa MarÃa (s.XIII) serán dixitalizados e postos a disposición do público en acceso libre a través da rede nas vindeiras semanas. Estes documentos custodiados e conservados na biblioteca do Escorial por Patrimonio Nacional son dous dos catro que compoñen a colección de Afonso X o Sabio e desde a Real Academia Galega (RAG) se lle reclamara publicamente n marzo ao organismo estatal que seguise os pasos doutras moitas bibliotecas en materia de difusión dos seus fondos e permitise o acceso libre a través da rede a estes manuscritos. A RAG emitiu hoxe un comunicado congratulándose por esta decisión xa confirmada desde Patrimonio Nacional, toda vez que a Academia contactara previamente, o pasado mes de xaneiro co estamento para solicitarlle esa difusión destes documentos, solicitude brevemente contestada nese momento, ata que hoxe a directora de Patrimonio Nacional, Llanos Castellanos, en conversa persoal co presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes, confirmou que os códices estarán accesibles ao público a través da Rede nas vindeiras semanas.
Segundo comunica a RAG, "Patrimonio Nacional cumpre asà unha débeda coa cultura galega, a cultura hispánica, a cultura europea e a cultura universal", salienta a RAG, cuxa solicitude realizouse cadrando co 800 aniversario do nacemento de Afonso o Sabio, a cuxo padroado se debe un dos monumentos máis senlleiros da cultura europea da Idade Media, as Cantigas de Santa MarÃa. A colección das Cantigas de Santa MarÃa –máis de catro centos cantares en lingua galega– chegou a nós en catro códices elaborados nos tempos do propio rei (s. XIII). Un dos volumes, o Códice de Toledo, atópase na Biblioteca Nacional de España e pode consultarse no sitio web da institución; outro permanece na Biblioteca Nacional Central de Florencia (Italia), en cuxa páxina web tamén se pode consultar; e os outros dous atópanse na Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial, que son estes que faltaban por estar accesibles. O códice da Biblioteca Nacional foi ademais levado ao prelo por parte do Consello da Cultura Galega (en dúas edicións de 2003 e 2008), mentres que o Códice dos Músicos foi editado na década dos 60 do século pasado en condicións moi precarias e o Códice Rico, célebre polas súas espléndidas ilustracións, foi unicamente obxecto de edición de luxo por parte de editoras privadas, só ao alcance das persoas e das institucións que poden adquirilos a prezos moi elevados.
Un anuncio que facilitará unha liña de traballo
O Consello da Cultura Galega congratúlase tamén co anuncio que contribuirá a facilitar unha liña de traballo continuada da institución desde o ano 2003, cando realizou a edición do Códice de Toledo, o menos coñecido dos catro manuscritos. Aquela publicación chegou como resposta a unha demanda de reprodución fotográfica de calidade, que facilitase a consulta e estudo deste manuscrito nas súas distintas facetas, desde as puramente materiais ou anecdóticas, ata as literarias, lingüÃsticas e musicais. Ante a gran demanda, cinco anos despois en 2008, o CCG realizou unha segunda edición. En 2010 volveu sobre a obra cunha transcrición, estudo preliminar e notas da profesora Martha E. Schaffer, unha auténtica especialista que levaba anos estudando as cantigas. Ademais, da man de Antoni Rossell, o CCG editou en 2006 unha versión vocal das Cantigas de Santa MarÃa nun CD con múltiples colaboracións, que foi o resultado dun intenso traballo de cinco anos que xuntou a investigadores de diferentes universidades europeas, actores, músicos e intérpretes. Foi un proxecto de reconstrución musical, arqueolóxica e lingüÃstica que achegaron unha interpretación das Cantigas diferente. De feito, o músico, musicólogo e medievalista Antoni Rossell, comisario da mostra que o Consello da Cultura Galega celebra o 800 aniversario de nacemento do Rei Sabio.
Afonso X non só foi poeta en galego, tamén acolleu na súa corte unha pléiade de trobadores e xograres que compuxeron cantigas na lingua da lÃrica medieval peninsular, dos cales os cancioneiros trobadorescos galego-portugueses ofrecen un testemuño espléndido. Moitos destes fondos e outros de similar significación conservados en bibliotecas de todo o mundo poden consultarse na Rede. É o caso do mencionados Códice de Toledo da Biblioteca Nacional, o Cancioneiro galego-portugués que custodia a Biblioteca Nacional de Portugal ou o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, outro dos máis importantes da lÃrica galego-portuguesa.