Co gallo do DÃa do Libro, Urco Editora, proxecto editorial da Sacauntos Cooperativa Gráfica, decidiu elixir a data para poñer a disposición pública a Biblioteca Lovecraft Dixital. Segundo eles mesmos comunican, esta acción foi decidida no contexto da pandemia "onde a inmediatez e o dixital cobran pulo" e coa colección en papel "xa amortizada desde o punto de vista económico". Este fondo de publicacións está conformado polos catorce volumes de obras do mestre do horror traducidas ao galego por Tomás González Ahola e publicadas pola editorial desde fai dez anos, ao que engaden un décimo quinto tomo onde se compendian distintos ensaios breves que axudan a comprender o contexto e a obra, asà como ferramentas didácticas para a súa aplicación no ensino.
É ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia como estas obras veñen de poñerse a disposición do público, presentando estes libros, reeditados e maquetados para calquera dispositivo capaz de reproducir o formato ePub. Esta posta a disposición ven ademais precedida dun traballo de revisión da tradución de todos os volumes, cohesionando os criterios para producir unha "edición definitiva". Segundo Urca Editora, este proxecto coloca a nosa lingua nunha situación excepcional, ao considerar que "non existe outra literatura no mundo que teña a dÃa de hoxe unha edición traducida, cohesionada, dixital e de libre acceso da obra completa do Solitario de Providence".