Aire! é o nome do primeiro disco de Sabela Caamaño e AntÃa Ameixeiras, dúo que baixo o nome Caamaño & Ameixeiras veñen mantendo actividade musical desde 2018. O traballo conta con produción do músico burgalés Diego Galaz, e con colaboracións tan destacadas como SÃlvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo MartÃn, Apel•les Carod ou El Pana. O disco xa está dispoñible para adquirilo a través da súa web e veñen de lanzar o seu primeiro tema en videoclip, Florencio. O tÃtulo fai referencia á figura imprescindible de O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facÃa nacer do seu violÃn e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. O vÃdeo é "unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raÃces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico".
Nos seus once temas, Aire! presenta composicións propias do dúo de violÃn e acordeón e arranxos sobre músicas populares tendo sempre a Galicia como punto de orixe e retorno e poñendo en evidencia a irmandade entre tradicións con outras xeografÃas. AsÃ, este Aire! percorre lugares distantes, desde os confÃns de Europa ata o outro lado do Atlántico, pero cerca en esencia. É tamén unha viaxe de emocións, desde o Ãntimo ao explosivo. As artistas ven nel "unha invitación a bailar e a cantar" e o seu nome representa "un berro exaltado, entusiasmado, de explosión e catarse colectiva. Unha celebración do sensorial". O dúo defenderá o novo traballo nos seus vindeiros concertos, que arestora están programados o 17 de maio en Ponteceso, como parte do Festiletras e en Barcelona o 5 de xuño, no Caixaforum.