"Unha revisión e unha abordaxe contemporánea" de cantigas medievais galegas vencelladas aos camiños de Santiago. Esta é a proposta que fan o músico Xoán Curiel e a filóloga e cantante Iris Gey no proxecto Treides comigo!, que acaban de presentar. Os once temas, que se desenvolveron co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, están dispoñibles Ãntegros no web da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Ademais de letras do perÃodo medieval, o álbum recolle tamén unha versión musicada do poeta muxián Gonzalo López Abente.
O proxecto contou con colaboracións de Alex Salgueiro ás frautas e ocarina, Carlos Freire nas percusións, Bea López co clarinete, Bleuenn Le Friec na arpa celta e Ariel Ninas a Zanfona, ademais da voz de Rui David desde Portugal.