Co obxectivo de aumentar a liquidez e manter as estruturas empresariais e os empregos no sector cultural a Xunta ven de presentar a segunda edición do seu Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, unha liña de compra de produtos culturais que se abre este martes dirixida a profesionais autónomos, empresas e entidades sen ánimo de lucro que teñan traballadores contratados. Co Fondo, enmarcado no Plan de reactivación dos sectores cultural e turÃstico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, disporá de ata 3 millóns de euros (500.000 máis que na anterior edición) para mercar produtos culturais directamente e difundilos ao público. A primeira edición chegou a apoiar 353 proxectos, nesta segunda aumnéntnse os máximos porpoxecto, pasando de 4.000 euros a 6.000 aqueles dedicados aos ofertados por profesionais autónomos sen persoal asalariado e ata 15.000 euros (10.000 en 2020) para empresas, cooperativas e entidades con persoal contratado.
O conselleiro de Educación e Cultura, Román RodrÃguez, presentou persoalmente este sábado pasado este novo Fondo nun acto na Cidade da Cultura. O Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa foi o encargado de dar a coñecer os detalles e cambios das bases que rexen esta iniciativa, aclarando que non se trata dunha axuda ou subvención, senón dunha liña de compra de contidos por parte da administración autonómica. O Fondo mercará produtos culturais en tres formatos diferentes: dixital, presencial e material. Cada axente profesional poderá presentar unha única oferta de contidos, que poderá ser de máis dun deses tres formatos, combinándoos. Os productos dixitais inclúen gravacións audiovisuais, prdutos gráficos e tamén libros electrónicos. No relativo á oferta de acividades ou produtos presenciais, todos estarán condicionados a realizarse en espazos decididos pola propia Xunta e ademais esa oferta terá que ir acompañada dunha memoria alternativa para levarse a cabo de outro xeito se as condicións sanitarias non fixesen posible a súa realización presencial. Os formatos materiais inclúen todo tipo de obxectos e mercadotecnia, asà coma libros e outros formatos fÃsicos de distribución. En todos os casos a propiedade de cada produto pasará a Xunta de Galicia que se ocupará de levar a cabo unha difusión pública, reparto ou acceso público dos mesmos cara á cidadanÃa. O intercambio mercantil dos proxectos elexidos farase pola fórmula dos contratos menores da administración, o que facilitará a axilidade de todo o proceso. As condicións, xunto cunha guÃa, xa son consultables a través do Portal Galego da Lingua e a convocatoria para recibir ofertas de proxectos estará aberta entre este 9 de marzo e o 9 de abril.