Xela Arias e o "equilibrio dos extremos"

O Consello da Cultura Galega presenta a súa programación do Día das Letras Galegas

O Consello da Cultura Galega presenta a súa programación do Día das Letras Galegas
A poeta Xela Arias. Foto: CCG
Así definiu Dolores Vilavedra a programación que o Consello da Cultura Galega vai organizar co gallo do Día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias. Referíase ao coñecido verso da poeta luguesa: "Ambiciono o equilibrio dos extremos", o cal o CCG emprega como fío para expresar un "punto de encontro interxeracional" que se substanciará en diferentes accións. Desde o tradicional sitio web da institución que proporciona un punto de acceso central aos contidos da institución, ata as diferentes iniciativas e publicacións. O CCG editará o libro inédito de narrativa de Xela Arias Non te amola, "que estaba practicamente lista para entrar no prelo", como sinalou Vilavedra, con ilustracións de Bea Gregores. O Concerto das Letras Galegas terá lugar o 16 de maio coa "presenza escénica do scrartching nebuloso de PicoAmperio e o carisma magnético de Laura LaMontagne fundiranse coa poesía de Xela nunha proposta estética audiovisual moi anovadora". Tamén para o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o CCG realizará un "diálogo poético" que inclúe videocreacións e unha proposta que reúne a poesía de Xela Arias con novas voces da poesía galega.