Uxía Casal será a Señora das Letras de 2021

O colectivo A Sega homenaxeará a autora no Día das Galegas nas Letras deste ano

"Raíña do misterio, da retranca e da palabra exacta". Deste xeito cualifica o colectivo de crítica feminista A Sega a Uxía Casal, autora á que homenaxeará no vindeiro Día das Galegas nas Letras. A elección da Señora das Letras 2021 recaeu nesta creadora, que centra a súa carreira na literatura infantil e xuvenil e mais na ciencia ficción, con seis títulos publicados. Un ano de fábula en catro estacións (1994), As ás de Xenoveva (1996), Saturno tamén é deus (1997), O faro de Arealonga (2001), Sede en Ourense (2005) e Vidas exemplares (2006), así como participacións en varios volumes colectivos compoñen a súa creación. Como é habitual, a xornada de homenaxe ten previsto no 15 de agosto vindeiro.