A colección de arte de Afundación amplía as biografías dos artistas

Incorpora a numerosos expertos nunha revisión dos contidos do catálogo en liña

A historiadora da arte Mercedes Rozas e o equipo da área de Cultura de Afundación coordina unha revisión xeral dos textos vinculados aos 400 artistas da colección de arte en liña que ten a entidade. Os textos pasan por incorporar material biográfico máis amplo, a partir do traballo de diferentes expertos como Xosé Ramón Fandiño, Fátima Otero, Miguel Anxo Seixas ou Ramón Rozas. Entre as biografías ampliadas xa se atopan as de Álvarez de Sotomayor, Arturo Souto, Berta Cácamo, Castelao, Conde Corbal ou Eugenio Granell.