Cando calquera persoa procura información nas redes sobre o Entroido popular galego, o seu nome aparece axiña. Fernando García, coñecido como Seadur leva máis de trinta anos a retratar as tradicións e o mundo rural do país, e deu a coñecer coas súas imaxes moitas festividades que ficaban restrinxidas ás respectivas aldeas. Un inxente traballo fotográfico que en grande medida permanece inédito pero que este autor non dubida en compartir coa intención de que a festa siga viva.
O seu arquivo sobre o Entroido acumula máis de 80.000 imaxes no que posiblemente sexa un dos máis completos rexistros das festas que se celebran por todo o país nas tres últimas décadas. O interese de Fernando García Seadur por fotografar estes ritos fai parte dunha afinidade máis ampla pola imaxe da cultura tradicional. "O meu é fundamentalmente interese pola fotografía, non só polo Entroido. Fago tamén curros, tradicións e romarías, estou centrado en elementos de etnografía de Galicia desde unha perspectiva documental. Facer fotografía de paisaxe, por exemplo, non me enche", recoñece. No caso específico do Entroido "gústame vivilo, non só fotograficamente. Eu nacín na aldea de Seadur, no Larouco, e vivín esta festa na miña propia infancia. Deixoume bastante marcado. Había alí o personaxe da Zangarrota, que desapareceu, corríanse comadres e compadres, había fariña... falo do ano 63 ou 64". Foi cara á década dos 90 que o autor comezou a desenvolver o seu extenso traballo sobre esta e outras tradicións do país. Nun tempo no que moitas destas festas eran descoñecidas e a rede non existía, o fotógrafo abordou de fin en fin de semana nun esforzo sistemático de pescuda. "Normalmente ía polos pobos preguntando. Tamén me baseei moito en documentación antiga. Federico Cocho" (autor do libro O Carnaval en Galicia), "achegoume moita, e tamén fun tirando doutras fontes. Pero sobre todo foi a base de preguntar que a xente comentaba onde se facían festas. Foi un labor de moitos anos, e de repetir moitas veces nun mesmo Entroido".
A proxección das imaxes
Co material acumulado no seu extenso fondo, Seadur participou en diferentes publicacións para editoras estatais, como a obra Las mejores fiestas de Galicia ou a flamante e monumental Mascaradas de la Península Ibérica. Colaborador habitual da revista Galegos, o seu traballo foi premiado e recoñecido en varios certames fotográficos nacionais e internacionais. Participou coas súas imaxes no Proxecto Ronsel do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego e fixo parte de medio cento de exposicións individuais e colectivas, con títulos como As raigañas do Entroido, Detrás da máscara, ou Dez anos de cor en movemento, a incluír varias mostras no Outono Fotográfico ou no Museo Etnolóxico de Ribadavia. No entanto, o autor lamenta a falta de eco que atopou en diferentes institucións para dar a coñecer no país un material que non dubida en publicar na rede. "Escribín á Xunta, á Deputación e a outras institucións e non me fixeron caso ningún. Teño máis de 80.000 fotografías de Entroido, reportaxes de curros, de todas as danzas brancas e hai no país e un traballo de mil e pico romarías. Pero semella que as institucións lle fan máis caso a outras festas", reclama.
O momento axeitado e os días concretos
O traballo fotográfico no marco desta festa ten unhas complexidades propias, derivadas do propio carácter anárquico do rito. Segundo apunta este profesional, "resulta bastante complicado. É un tipo de fotografía no que hai que estar no momento preciso, e aí fas a foto ou pérdela". Para alén do momento concreto de capturar a imaxe, traballar estas celebracións implica un importante traballo previo. "Hai que investigar e preguntar", insiste. A maiores, a concentración de todos os ritos deste tipo en todo o país nuns poucos días moi concretos supón un desafío engadido para os seguir. "Non se poden facer todos os entroidos nun mesmo ano. Cando comecei ao mellor un mesmo día estaba por sete ou outro sitios a máis de cen quilómetros de distancia entre si. Entón quería ter un pouco de todo o que había. Despois xa o fun collendo con máis calma e procurei abordar só un ou dous de cada vez". Deste xeito, " o ano pasado non fun a Laza nin a Verín nin aos máis grandes. Achegueime ao Piornedo e fotografei as Perriñas e os Mudados de Ribadetea e mais os Cabeleiros de Salceda", festas que se recuperaron recentemente.
Os efectos da fotografía
Froito do labor de décadas de pioneiros como Seadur, divulgáronse entroidos que non eran saíran alén das súas propias localidades de celebración. "Sábense moitas cousas porque outros, e eu mesmo, as puxemos nas redes, se non habería moitas festas que non serían coñecidas". Ademais, o propio traballo de fotografar as festas e o interese que amosan moitos retratistas por elas contribúen tamén á recuperación e recoñecemento destes eventos. "Hai sete ou oito anos estiven a pelexar cos Galos da Mezquita, na Merca, para dar a coñecer as máscaras. Tamén lles insistín aos de Riós, que non celebraban o Vellarrón na súa propia aldea e o levaban a Verín", lembra. E é que para Seadur a disciplina que practica "fai moitísimo polos Entroidos. Os propios participantes vense máis motivados ao haber fotógrafos, gústalles que lles saquen fotos". Recoñece que "sempre atopas alguén que non quere saír e pon a man no obxectivo. Eu traballo cunha cámara cun obxectivo curto e achégome moito á xente, a un metro ou mesmo menos, e polo xeral non teño problemas" lembra.
A presenza da cámara
Quizais polo recoñecemento que percibe na fotografía, a xente que fai os Entroidos acolle positivamente a presenza destes profesionais. "Polo xeral o fotógrafo é ben recibido. Sobre todo pola provincia de Ourense, onde me abriron todas as portas e me convidaron a cear ou a comer moitas veces. Na Coruña teño ido retratar festas como os Panos de Mazaricos, que non saen todos os anos, e vin que eran máis remisos". A presenza de persoas a retratar a festa está a se facer unha constante nas aldeas do noso país nos últimos anos, unha situación moi diferente aos tempos nos que Seadur era un pioneiro nestas lides. "Ás veces dáse o caso de sermos máis fotógrafos que xente. Aí uns anos no Rei de Covelo había douscentos ou trescentos fotógrafos de todo o mundo e os da aldea son só 20 ou 30. Acontece algo similar en Tras-Os-Montes, onde aldeas de trinta persoas acaban cheas de fotógrafos" durante as celebracións. Para alén da masificación, mudou tamén o xeito no que os camarógrafos se achegan á festa. "Antes andabamos dous ou tres a percorrer todos os Entroidos. Agora vese moita xente nova, e hai tamén máis envexa. Logo os fotógrafos maiores tiñan tendencia a un certo secretismo, a non dicir onde estaban as cousas, ás veces porque tiñan en proxecto facer libros ou publicacións importantes que non dan rematado nunca. Eu sempre publico nas redes, nunca tiven problema en dicir onde había cousas e axudei a xente que mesmo ás veces despois me retirou a fala".
O estado da festa
Desde a súa ampla experiencia no campo, Seadur considera que o Entroido, en xeral "está moi forte. Ao mellor pódese perder aínda algún por falta da xente, como pasou cos Bonitos de Forxás das Viñas, que aínda se facían hai dez anos e deixaron de se facer. Pero hai moitos máis que se tentan recuperar. Máis da metade dos que se celebran hoxe son recuperados e veñen con moita forza, para quedar. Hai moitos rapaces novos que puxeron moito da súa parte nestas festas e non se van perder. A ver agora que acontece coa pandemia tamén". Canda a estas recuperacións, o fotógrafo advirte da proliferación de formas alleas nestas celebracións. "En moitos casos o Entroido está fóra do testo. Eu loito moito contra sacar as máscaras do seu contorno, iso descontextualízaas completamente. Hai moitos organizadores de entroidos aos que lles gusta a festa e queren sacalas por aí, ir a outros sitios e participar en desfiles. Por exemplo, tráese o Jarramplas de Cáceres a un desfile onde só pasea a tocar o tambor. Iso non ten nada que ver co que é este personaxe, que no seu lugar de orixe é o obxecto dun bombardeo de nabos", explica. "Mesmo en lugares pequenos hai desfiles con máscaras de fóra no canto de dar prioridade ao propio Entroido", denuncia.
Máscaras pendentes
De todo o traballo que realizou durante estas décadas, non é quen de seleccionar unha serie ou unha localización concreta, aínda que recoñece que "o de Laza ou o Rei de Covelo son quizais os dous entroidos que máis me gustan", ao tempo que apunta que en xeral "o que máis me impresionou foi a xente. O xeito no que reciben, como convidan". Entre os seus proxectos inmediatos, recoñece a síndrome de abstinencia que lle provoca non poder percorrer entroidos este 2021 por mor da pandemia. "Teño as mesmas ansias por saír de sempre. O mesmo agora quero ir aos entroidos máis polo aspecto sentimental do que polo fotográfico. Teño unhas ansias tremendas como cando era pequeno, gustaríame pasar os catro días en Laza, por exemplo". Para alén da gana, como proxecto fotográfico apunta que "teño pendentes varias cousas. Fáltanme os Cacharelos de Lalín, que se recuperaron hai pouco, e tíñaos previstos para este ano. Tamén estou a saír moito por Portugal os últimos anos, e estiven en Zamora a retratar máscaras polo Nadal, pero fáltame ir polo Entroido". Malia ao seu interese por celebracións alén do país, advirte que aínda fican nas aldeas festas que non chegaron ao grande público. "Hai algunhas que non saen en ningún lado", como é o caso de varios lugares onde se desenvolven aínda corridas do galo ao vello xeito, coa morte do animal, que procuran ficar fóra do foco mediático. As carasdo Entroido semellan infinitas.
Fotografías de Entroidos de Fernando García "Seadur"