A versión audiovisual da obra 'O charco de Ulises' do CDG transmitirase aos centros de ensino

A exhibición en liña conmemorará o Día Internacional do Teatro entre o estudantado

9/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: TeatroPolíticas Culturais
27 lecturas | Compartido 0 veces

'O charco de Ulises', Centro Dramático Galego

A última produción do Centro Dramático Galego (CDG), O charco de Ulises , chegará nunha versión especial en formato audiovisual o vindeiro 26 de marzo aos centros educativos, co gallo da conmemoración o sábado 27 do Día Internacional do Teatro. A través dunha conexión que se facilitará xunto co convite, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato poderá gozar da adaptación do clásico grego dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso que foi estreada pola compañía pública o pasado xaneiro. A exhibición en liña completarase cun coloquio no que participarán membros do equipo artístico e unha mostra do proceso de creación do espectáculo. A iniciativa enmárcase na aposta que está a facer a Xunta para achegarlle o teatro ao estudantado galego, ante as restricións de mobilidade e a suspensión das exhibicións por mor da covid-19.
Así, o CDG emitirá unha versión especial do espectáculo para adaptarse á organización dos centros de ensino e á linguaxe audiovisual. Trátase, deste xeito, de motivar os máis novos a asistir ás funcións de O charco de Ulises que percorrerán Galicia na xira prevista para finais deste ano e coas que poderán gozar en vivo da representación nos escenarios. Para a compañía teatral pública, a iniciativa dálle continuidade ao seu programa de difusión en liña, inaugurado o pasado 24 de xaneiro en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, nunha emisión da mesma obra que acadou 800 conexións desde 18 países en catro continentes.

Universo culturagalega.gal

19/11/2021

O CDG cruza o charco

A compañía pública leva representacións de 'O charco de Ulises' a Arxentina e Uruguai

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados