Un proxecto divulgará a visión da arte contemporánea galega sobre os conflitos armados

Rosario Sarmiento coordina Da guerra como arte á arte en contra da guerra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xurxo Couto e Rosario Sarmiento na presentación do proxecto

Xurxo Couto e Rosario Sarmiento na presentación do proxecto

A visión da guerra na arte contemporánea galega é o eixe do programa Da guerra como arte á arte en contra da guerra que se presentaba na mañá deste 13 de xaneiro na Deputación da Coruña. A entidade provincial achegou esta iniciativa da firma A Forxa e que coordina Rosario Sarmiento unha das axudas para proxectos culturais singulares. O proxecto quere dar a coñecer a perspectiva que diferentes firmas da arte do país tiveron sobre os conflitos armados.

Así, distintas actividades e publicacións amosarán os traballos de Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas a denunciar a Guerra Civil ou o labor de Isaac Díaz Pardo, Conde Corbal, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge Castillo, Reimundo Patiño, Xavier Correa, Antón Patiño ou Caxigueiro sobre diferentes conflagracións. A Coruña, Sada, Betanzos, Oleiros, Santiago e Ferrol acollen ao longo do primeiro trimestre de 2021 as actividades incluídas neste proxecto, que inclúe materiais audiovisuais e impresos, coa edición de máis de 2.000 folletos e carteis.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte salvada

Arte salvada

Unha exposición explica como se salvaron as obras da arte na Guerra Civil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosario Sarmiento, Deputación da Coruña, Francisco Leiro, Caxigueiro...