
Seis décadas despois da súa publicación e un lustro desde o pasamento de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego -que saÃu do prelo da editorial Follas Novas de Bos Aires en xaneiro de 1961- segue revalidando o seu posto entre as dez obras máis vendidas en 2020 pola Editorial Galaxia. Con 35 edicións e máis de 700.000 exemplares, asà como traducións a idiomas como o alemán, o sueco, o romanés, ucraÃno, búlgaro, o esperanto, o checo, o maia ou o ruso e á súa edición en Braille, o que o converten no libro escrito en galego máis traducido e editado. Para alén disto, numerosas adaptacións e iniciativas sociais, editoriais, teatrais, audiovisuais, musicais e pictóricas configuran e completan o universo Balbino, a herdanza artÃstica do autor de Vila de Cruces máis universal. No máis recente, este pasado ano a real FilharmonÃa de Galicia estreou a versión orquestal baseada na obra, composición do músico de orixe galega asentado en Nova York, Aaron Siebert.