A Sección de Literatura Dramática da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega celebra este 20 de novembro de xeito virtual a súa V Xornada de Literatura Dramática. Co lema "As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias" o encontro quere abordar "como as literaturas producidas non só por e para o teatro, mais tamén por e para a danza, o circo, a ópera, a performance, etc. responden e actúan ante situacións de crise e alarma. Unha revisión e unha reflexión que contribúa, quizais, non só a xerar conciencia sobre a importancia da cultura para a saúde e o benestar común, mais tamén para afortalar ese sistema público de cultura e artes, que, até o de agora, na nosa contorna, sempre foi minimizado, recortado e marxinalizado", sinala a presentación do evento.
O programa bota a andar na tarde do 20 de novembro coa mesa redonda "As literaturas para teatro e danza fronte ás crises", moderada por Afonso Becerra con Branca Novoneyra e AveLina Pérez. Outra mesa sobre a cuestión "A cultura é un ben necesario en tempos de crise?" estará presentada por Cilha Lourenço Módia contará con Mercedes Queixas e Mercedes Rosón. Finalmente, a xornada fechará cunha Aula maxistral a cargo de Mickael de Oliveira.
O encontro liga coa celebración o dÃa 21 do III Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Galiza + Portugal 2020, tamén da AELG, no que se amosarán sete proxectos, catro galegos e tres de Alén Miño. A iniciativa, que recolle montaxes en proceso de escrita, permite a autoras e autores dar a coñecer o seu labor ao público, nun tempo máximo de quince minutos e cunha sesión de debate posterior. Borja Fernández, Ana Abad de Larriva, Helena Salgueiro e Pornós Teatro pola banda galega e Ricardo Cabaça, Isabel Milhanas Machado e Cátia FaÃsco desde Portugal amosarán as súas pezas.