A Academia Galega de Teatro (AGT) ven de manifestar a través dun comunicado o seu rexeitamento ante os cambios nas bases das Axudas á Creación Escénica 2020 da Axencia Galega de Industrias Culturais que se resolveron en agosto deste ano. A AGT esÃxelle á AGADIC o inicio dun proceso de negociación consensuado "con todas as asociacións profesionais" do sector teatral para cambiar as devanditas bases de cara a convocatoria do ano 2021. O comunicado sinala que varias compañÃas con máis de tres décadas de traxectoria profesional quedaron fóra da selección deste ano debido aos cambios introducidos no proceso de selección de proxectos. Segundo o listado da resolución asà foi no caso de proxecto presentados polas compañÃas Tanxarina, Teatro do Atlántico e Teatro do Noroeste que foron rexeitados ao non acadar as puntuacións necesarias na valoración pola comisión delegada.
No seu comunicado a Academia sinala que gardou silencio durante estes meses "para non interferir nun proceso que se desenvolveu nunhas condicións anómalas derivadas da situación provocada pola pandemia da Covid-19" pero entende que este momento é o axeitado para esixir un cambio nas bases de valoración das axudas para o vindeiro ano. Para a AGT a desaparición este ano da apartado da valoración obxectiva do equipo artÃstico, na que se tiñan en conta as titulacións oficiais relacionadas coas artes dramáticas e musicais, os premios recibidos e a traxectoria profesional resulta un menosprezo á formación e traxectoria de cada un destes axentes creativos e desdeña os premios acadados polos profesionais do sector deixando fóra proxectos “cunha equipa profesional merecente dos maiores recoñecementos”. Ademais a Academia rexeita que o novo sistema tampouco teña en conta a propia traxectoria das compañÃas, "valorando exclusivamente a actividade dos últimos dous anos e desprezando o papel que puideran ter xogado na creación do tecido teatral galego tal e como o coñecemos na actualidade", sinalan.