
A música popular, xa sexa en festivais ou en salas de concertos, foi a base económica e de actividade que reflicte este anuario e na nosa comunidade tivo un espectacular incremento económico durante o pasado ano, moi por riba da media estatal. Case 18 millóns de euros recadou en Galicia esta actividade a través do despacho de billetes en 2019, un incremento dun 14,5% que supón máis de dous millóns de euros respecto ao anterior exercicio. Os eventos de música popular conseguiron despachar no noso paÃs máis dun millón e medio de billetes. En concreto cabe destacar a importancia dos festivais, malia a súa estacionalidade en xeral, porque a este sector débese o 57,8% da recadación por venda de entradas de música popular en 2019 a nivel estatal. Na análise por xéneros musicais dos 3.658 concertos en Galicia en 2019, que venderon 900.000 entradas, (excluÃdos os festivais) resulta rotunda e inapelable a superioridade en oferta dos directos de música Pop Rock, representando en Galicia o 83,4% das actuacións recollidas pola SGAE. Moi lonxe destes indicadores, sitúase coma segunda opción a música folk, sendo o 4,5% da oferta de concertos deste xénero musical, aÃnda menores son as porcentaxes de jazz (3,6%) e música de cantautor/a (2,7%). Na distribución dos públicos mantÃvose a primeira posición do Pop Rock, pero a Música melódica acadou unha lixeiramente superior asistencia ao Folk, apenas sete décimas, e tamén destaca a música Infantil atraendo públicos cun 2,5% do total. Na recadación de billetes de concertos en 2019, que ascende na comunidade a 5.671.694 euros, o 89% corresponde ao Pop Rock
O teatro fixo medrar as artes escénicas
No apartado das artes escénicas -teatro, danza e xénero lÃrico- o Anuario SGAE 2020 deixa ver que no conxunto do estado deuse un case xeneralizado incremento de actuacións (600 máis en total) e que o peso de Galicia sobre o conxunto era en 2019 do 3,4%. Ademais, na nosa comunidade rexistrouse ese aumento de representacións que xa viña ocorrendo en anteriores anos, pasando das 1.682 de 2018 a 1.718 no 2019. Este aumento foi en coherencia co do número de espectadores, que medrou nun 4,4% respecto ao anterior ano ata alcanzar case o medio millón de entradas vendidas, 492.908 exactamente, que supuxeron unha recadación para o conxunto das artes escénicas en 2019 de 4.681.016 euros. Estas cifras concéntranse no teatro como actividade co maior peso relativo sobre o total das artes escénicas, a el se deben 4.353.006 euros desa recadación, grazas ás súas 1.627 representacións. AÃnda asà tanto a danza coma o xénero lÃrico aumentaron en representacións, público e recadación respecto ao 2018. Con só 67 representacións a danza acadou máis de 31.374 espectadores – un dos maiores crecementos do Estado respecto a 2018- e recadou 168.000 euros en 2019.