
Pola súa banda, o premio Mestre da Memoria 2020 foi para Emilio Espadañero Paz, director e presentador do programa radiofónico Lume Na Palleira desde 1992. Para alén doutros proxectos vencellados á música popular, Espadañero artellou, a través deste espazo "unha proposta musical alternativa para as ondas radiofónicas, tratando de que a música folk e tradicional, tanto do noso paÃs como doutros (principalmente os de influencia céltica), tivera presencia a traverso de ditas ondas", segundo sinala a organización dos galardóns. A Gala desenvolverase na Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo a partir das 18:00 horas.
No dÃa a seguir, a Sección de Literatura de Tradición Oral celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a XIII Xornada de Literatura de Tradición Oral, dedicada nesta ocasión ao humor neste patrimonio inmaterial. Quico Cadaval, Suso Lista, Paula Carballeira, Lois Pérez ou O Carrabouxo achegarán diferentes perspectivas sobre esta cuestión nunha xornada que rematará cunha sesión práctica da man de Pérez.