
Segundo o fallo do xurado, Adeus amigos destaca pola súa "aposta gráfica experimental vencellando a trama coa obra do artista Bas Jan Ader e pola mestura da historia gráfica dun artista coa historia dun neno dunha forma máxica. Gráfica sintética e minimalista". Pola súa banda, As aventuras de Passer P. Malta presenta unha "historia divertida, surrealista e máxica que ten un bo debuxo e que está protagonizada por animais antropomorfos que lembran os clásicos do cómic pero actualizados a nivel narrativo e gráfico". Os dous autores, nados en 1989, cursaron Belas Artes en Pontevedra e comezaron a publicar BD en 2014, obtendo amplos recoñecementos de crÃtica e público, sempre dentro dunha aposta por obras experimentais e vangardistas.
O xurado estivo composto por Gemma Sesar, de El Patito Editorial, José "PÃo" Barreiro, de Komic LibrarÃa, os autores Bea Lema (gañadora do premio en 2017), MartÃn Romero e Alberto Vázquez, que levaron o galardón na anterior edición. Canda a eles, fixeron parte do comité o responsábel da área de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, e a xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat como secretaria.