A coprodución franco-chinesa Fleur de pavot facíase na noite deste sábado 19 de setembro coa Ánfora de Ouro que a proclama gañadora do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O galardón, dotado con 2.000 euros, sumouse ao premio á mellor fotografía que obtivo a mesma produción. A francesa Olla, pola súa banda, levou a Ánfora de Prata cos correspondentes 1.000 euros. O Premio R á mellor curtametraxe galega recaeu sobre Carne, de Camila Kater mentres Ca nostra, de Laia Foguet obtivo o Premio Fundación Novas á mellor curtametraxe española. A Mellor curtametraxe experimental foi para Genius loci, do francés Adrien Merigeau e o Premio CREA á mellor dirección levouno o lituano Laurynas Bareia por Atkūrimas.
Na mesma gala déronse a coñecer os premios a Mellor guión e a Mellor montaxe, para Massacre, os de Mellor dirección artística e Mellor música que conseguiu Nagot att minnas. Oyvind Brandtzaeg obtivo o galardón ao Mellor actor e de Mellor actriz foi para Svetlana Barandich. O Mellor son gañouno a curta grega All the Fires the Fire e o recoñecemento a Mellor maquillaxe e peiteado foi o da coprodución albano-francesa The Van.
A Fundación AISGE decidiu outorgarlle o seu Premio de Honra anual á actriz e directora teatral Rosa Álvarez. Nada en Carballeda de Avia, Álvarez, "é unha das intépretes e directoras teatrais pioneiras da escena galega". Desde os anos 80 desenvolveu diferentes aparicións nas montaxes do Centro Dramático Galego e fundou, co falecido Ernesto Chao, a compañía Lagarta Lagarta. Ademais, fixo parte do elenco de Sempre Xonxa, 13 badaladas ou La vida que te espera entre outras producións. O seu labor valeulle diferentes premios María Casares e o premio de honra Marisa Soto entre outros recoñecementos. A entrega do galardón desenvolverase o vindeiro 3 de outubro na gala de clausura do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF)
Desde a organización do Festival de Cans, pola súa banda, deuse a coñecer o fallo do premio Feciga, que outorga a Federación de Cineclubes de Galicia. Todo el mundo se parece de lejos, do vigués Rafa de los Arcos, foi recoñecida co Can de Pedra e 1.200 euros en metálico, recadados nas proxeccións da programación expandida do festival. Un xurado que combinou membros dos cineclubes con representantes do público que participou no evento foi responsable da selección.