O debuxante de BD Ourensán David RubÃn protagoniza a partir deste 18 de setembro unha grande exposición antolóxica na sede de Afundación da súa cidade natal. Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómics de David RubÃn recolle 230 obras de toda a súa carreira que amosan diferentes fases do seu proceso traballo. Ademais, a iniciativa conta cun mural feito especificamente polo artista e mesmo recreacións en realidade aumentada que permiten seguir a evolución de bosquexos, entintados, coloreado e deseños finais nas súas obras. A mostra, comisariada por Asier Mensuro poderá verse ata o 17 de xaneiro vindeiro, e inclúe actividades paralelas como obradoiros ou visitas guiadas que teñen aberto o seu prazo de inscrición. A coincidir coa mostra, a librarÃa ourensá Sindicato del Cómic anuncia descontos do 5% na adquisición de obras do autor.