Unha trintena de persoas de diferentes ámbitos implicáronse ata o de agora na homenaxe que o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) está a lle facer a Manuel MarÃa por mor dos dezaseis anos do seu pasamento. Lois Diéguez, Carmen Cabaneiro, Baruk e Rosana DomÃnguez, Eduardo Pérez Baamonde, Mero, Martiño Maseda, Xosé Ramón Vázquez, Felipe Arias, Felipe Senén, MarÃa Xosé Lamas ou DarÃo Xohán Cabana son algúns dos nomes que responderon a esta iniciativa e gravaron cadanseu vÃdeo de lembranza. Segundo explica o Iescha as pezas responden a "distintos formatos: a música, o recitado, a debuxo, a pintura, o comentario, a loa..." e están a se publicar desde o pasado 8 de setembro na canle de Youtube do colectivo. O Iescha está aÃnda a recibir novas propostas para participar da homenaxe.