Os grandes auditorios públicos das nosas cidades pasan nestes momentos por unha delicada situación na forzosa adaptación inmediata ás medidas sanitarias impostas desde a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o pasado 2 de setembro. A diferenza do que ocorre noutras cidades de España nas que se mantén un 50% da capacidade nestes recintos, a Xunta decidiu que as capacidades máximas en cines, teatros e auditorios, serían tamén do 50% pero que non poderían superar as 60 prazas como límite en ningún caso. Nas áreas agora afectadas polas medidas máis restritivas de Sanidade grandes espazos pechados de referencia coma o Auditorio de Galicia en Santiago ou o Teatro Colón na Coruña, con espectáculos xa presentados e entradas vendidas viron coma as súas capacidades de acoller público se vían restrinxidas ata as 60 prazas, unha cifra ridícula para estes recintos que poden albergar cerca dun milleiro de asistentes en condicións normais. En Ourense, o Teatro Principal ven de paralizar a súa venda de entradas e abonos para a programación vindeira á espera de que se clarifiquen as circunstancias nas que se poida levar a cabo a actividade. En Ourense a Xunta admite ata o 75% da capacidade pero a Deputación, responsable polo de agora do recinto xa a reducira ao 50%. A incerteza ante as programacións de outono xa está sobre a mesa.
O Teatro Colón da Coruña comeza xustamente hoxe a prevista Temporada Lírica nestas condicións, que fixeron que todo o elenco da obra La Verbena de la Paloma fixese na rúa unha protesta silenciosa ante esta restrición tan radical da asistencia ao recinto. A situación motivou a protesta de de destacados intérpretes que participan estes días nas representacións coma o barítono Carlos Álvarez, que en declaracións ao xornal La Voz de Galicia amosou a súa incomprensión ante a medida que permitía que el viaxara ata A Coruña nun avión cheo pero só puidese actuar para sesenta persoas nun espazo coma o Colón. As representacións da Temporada Lírica se emitirán tamén en liña para permitir que poidan chegar a través de Internet ao maior número posible de afeccionados do xénero. En Santiago, co concerto de Lina e Raül Refree programado para este domingo e as entradas vendidas, o Auditorio de Galicia tivo que proceder á devolución parcial de entradas para aquelas localidades que quedaban anuladas polas restricións. En todos os recintos públicos seguíronse desde a fin da desescalada estritos protocolos de seguridade e control de accesos e capacidade, manténdose habitualmente por baixo das porcentaxes permitida pero dentro de cifras de entrada razoables para as circunstancias, en ningún caso se deu ata o momento repuntas ou gromos de COVID-19 asociados aos actos culturais na nosa comunidade.