Emilia Pardo Bazán chegou a reunir unha biblioteca de máis de once mil volumes. 8.000 deles consérvanse no arquivo da RAG na rúa Tabernas da Coruña, na que foi casa da escritora e hoxe sede da Real Academia Galega. Pero no Pazo de Meirás fican 3.200 libros da súa biblioteca persoal. Tras congratularse pola sentenza que ditamina que o Pazo de Meirás deberá ser entregado ao Estado, a RAG considera que "co propósito de garantir a súa protección e uso público, o conxunto da biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarado ben de interese cultural". Para iso, xa se está a realizar o inventario deses 3.200 volumes que fican en Meirás, nunha iniciativa impulsada por Xulia Santiso, conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A biblioteca de Emilia Pardo Bazán estaba repartida entre A Coruña e Meirás. "A Academia conseguiu recuperar a maiorÃa do pazo de Meirás tras o incendio que se rexistrou neste edificio en 1978". Segundo VÃctor Freixanes, presidente da RAG,"dende hai anos a institución traballa na unificación dese patrimonio no edificio da rúa Tabernas".