A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da ConsellerÃa de Cultura e Turismo ven de frear toda a actividade musical do paÃs que se facÃa baixo o seu apoio suspendendo con efecto inmediato a actividade dos circuÃtos Directos XacobeoÂ’21 en Salas e Rede Galega de Música ao Vivo. A Agadic entende que esta decisión está xustificada con base ás medidas en materia de saúde pública recollidas na Orde da ConsellerÃa de Sanidade do 15 de agosto de 2020 e no Acordo do Consello Interterritorial de Saúde do 14 de agosto de 2020 para responder á situación especial de risco derivada do incremento de casos positivos por COVID-19. Esta suspensión total que iguala de feito o trato a actividade cultural coa de ocio nocturno activouse onte con efecto inmediato e abrangue todos os concertos previstos en ambos programas durante este mes e o de setembro segundo indica a comunicación que enviou ás salas. A axencia gobernamental, Agadic asegura que facilitará ás salas afectadas a reprogramación dos concertos previstos unha vez se levanten as actuais medidas de control sanitario que obrigan ao peche dos locais de ocio nocturno, que non teñen data final arestora.
A medida afecta a numerosas salas, músicos, e aos profesionais técnicos ou non técnicos que estas actividades precisan. Cun orzamento de 400.000 euros o circuÃto Directos Xacobeo'21 en Salas, presentado recentemente polo Román RodrÃguez, Conselleiro de Cultura e Turismo, contaba con desenvolver entre os meses de xullo e outubro unha programación de 131 concertos programados, o 70% antes do 1 de outubro e con 108 bandas galegas de todos os estilos nun máximo de 40 salas das catro provincias. Pola súa banda a Rede Galega de Música o Vivo presentaba en xullo un incremento dun 17% no seu orzamento para situarse en case 200.000 euros, que Ãan destinados á contratación de 81 bandas e artistas, galegas maiormente, que farÃan ata 250 concertos en 20 salas de 15 localidades durante a programación de 2020, que por mor dos meses de confinamento pasaban en gran medida ao segundo semestre.
Todos os protocolos exhaustivos e medidas que se están a tomar desde o sector cultural non foron suficientes para manter os circuÃtos ante a interpretación das novas medidas sanitarias que fai Agadic, a pesares de que hai apenas uns dÃas o Conselleiro de Cultura e Turismo presentaba os concertos do Resurrection Fest XS como unha acción "valente" e avogou por atopar solucións "imaxinativas, responsables e atractivas" para o público e subliñou a importancia da responsabilidade no ocio. "No actual contexto, no que os eventos multitudinarios se ven especialmente afectados continuaremos ao lado do sector cultural tratando de apoiar e dar respostas que permitan manter o tecido empresarial neste eido, para que entre todos poidamos repoñernos canto antes", destacou o titular de Cultura durante a presentación do Resurrection Fest XS, cuxos concertos finalmente non se celebraron por decisión do Concello de Viveiro. Agadic mantén que esta decisión de suspensión dos circuÃtos foi coordinada coas asociacións profesionais Clubtura e Músicas ao Vivo. Desde a asociación de salas Clubtura, insisten en que é unha medida de adiamento de actos acordada con Agadic, malia que sin definir a súa duración, asumida por responsabilidade coa seguridade sanitaria ata lograr unha aclaración por parte da ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza respecto a seguridade xurÃdica coa que poderÃan desenvolver as salas a actividade cultural, que non de ocio nocturno. Ao peche desta noticia non foi posible acadar declaracións por parte da asociación Músicas ao Vivo.