Unha nova edición do encontro audiovisual Chanfaina Lab terá lugar entre o 3 e o 6 de setembro en San Sadurniño. Nela se darán cita máis dunha trintena de creadoras e creadores cun mesmo obxectivo: produciren alí mesmo durante os días do encontro pequenas pezas protagonizadas pola xente e os lugares da contorna local da vila. Ademais de ser escenario para as súas obras cinematográficas, San Sadurniño tamén acollerá outras actividades paralelas que forman parte do proxecto Chanfaina Lab, todas elas adaptadas ás actuais obrigas preventivas. A Praza do antigo Concello acollerá a Eira de Cineastas coa que se inaugurara o Chanfaina facendo a presentación de todas as persoas participantes, que repasarán a súa traxectoria audiovisual mostrando fragmentos -ou pezas completas- que consideran máis representativos do seu traballo. Neste mesmo espazo aberto terá lugar a proxección do filme O que arde de Óliver Laxe. Haberá tamén un obradoiro de montaxe audiovisual, Corte a corte co realizador Fran X. Rodríguez.
No Chanfaina Lab deste ano xa teñen asistencia confirmada, ben a título individual ben formando parte de pequenos grupos, Abel Vega, Alberto Gracía, André Couce, Andrea Zapata-Girau, Ángela Arnosa, Bieito Beceiro, Carmen Bouza, Carmen Couce, Catalina Rodríguez, Celia Parra, Cruz Piñón, Domingo Díaz, Eloy Arnosa, Fran Bermúdez, Iago Lourido, Irene Beceiro, Iria Silvosa, Javier Seoane, Naraiomedia Estudios, Noelia Uceira, Pablo Martínez, Rebeca Tella, Roberto Bouza, The Sun Girls e Xavier Villaverde. Durante o pasado período de confinamento a organización do Chanfaina Lab decidiu acelerar a publicación na rede dos filmes que saíron da súa última edición, celebrada en setembro. Deste xeito, están dispoñibles na rede as trinta curtametraxes que cineastas profesionais e veciñanza desenvolveron entre os pasados seis e oito de setembro de 2019, que inclúen traballos de Ana Moreiras, Fran X. Rodríguez, María Yáñez, Manuel Abad, Anxo Santomil ou Aldara Pagán entre outros nomes.