A morte onte do cannónigo emérito Santos Sancristobal Sebastián (1928-2020) no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, deixa ao Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo sen un dos seus grandes impulsores. Malia ter nacido en Segovia a actividade cultural de Santos Sancristóbal beneficiou directamente ao patrimonio cultural galego. Desde o ano 1968, cando foi destinado a Mondoñedo, pon en marcha os primeiros pasos do Museo Catedralicio e Diocesano, do que foi fundador e artÃfice en 1969 asà como da revista do museo. Partindo dunhas poucas pezas chegou asà a conformarse o que hoxe é o máis importante de arte sacro existente en Galicia e un dos máis notables de España, que incllúe na súa colección pezas de gran valor histórico-artÃstico. Ao primeiro como beneficiado da catedral mindoniense e posteriormente como canónigo do templo, Santos Sancristóbal traballou na reuperación pà trimonial da súa zona de influencia, non só no eido da arte sacra, tamén foi meritorio o seu traballo na recuperación do legado literario do cronista mindoniense Eduardo Lence-Santar Guitián (1879–1960), un dos fundadores das Irmandades da Fala e correspondente da Real Academia Galega. Ademais Santos Sancristóbal practicou a escrita e a pintura, chegando a escribir máis de trinta libros, entre o que que hoube en saio e novela. A súa obra pictórica centrada en pintura ao óleo e plumilla estivo exposta en Francia, Ferrol, Lugo, A Coruña, Mondoñedo, Segovia e Soria, entre outros.