_wonder_women_cgac.jpg)
Segundo explica a presentación do proxecto, "cada unha das pezas desta exposición mostra os cambios profundos producidos ao longo das últimas décadas. Voces de artistas mulleres que non só falan de feminismo ou de cuestións vinculadas con debates de xénero, senón que abordan tamén problemas estéticos ou construtivos. Pintura, escultura, arte sonora, ready-made ou obxecto atopado, vídeo ou instalacións tenden a subliñar as condicións visuais das obras, en diálogo tanto entre elas como co espazo (vestíbulo, auditorio e outros lugares intermedios que non foron concibidos orixinalmente polo arquitecto Álvaro Siza Vieira como espazos expositivos)". O CGAC adianta que esta iniciativa "é o punto de partida para un traballo de equipo cuxo obxectivo é investigar sobre a colección e as súas posibilidades con vistas a unha futura exhibición razoada e histórica".