
O programa habitual despregarase entre as 11 da mañá e as 10 da noite. Como é normal, abundan as presentacións de libros -ata 15 chegarán a facerse- e os formatos de reflexión e diálogo coma conferencias e mesas redondas -dez nos tres dÃas- que tocarán temas coma o papel da lectura na sociedade, o xénero negro, a ficción escénica, a literatura galega da diáspora ou a tradución entre outros moitos. Os recitais estarán tamén moi presentes e ata seis deles terán o seu momento no programa, alén da mostra de videopoesÃa Espellos, comisariada por Celia Parra, que a modo de exposición acompañará o evento Tamén haberá momentos nas conferencias para falar sobre a Xeración Nós e sobre o homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carballo Calero, e tamén facer a presentación dunha banda deseñada sobre a súa figura. O espazo virtual da cafeterÃa será o designado para os encontros con autores polos que pasarán Ledicia Costas, Francisco Castro, Vicente Araguas, Natalia Carou e Cristian F. Caruncho. A feira ten tamén espazo para outras expresións artÃsticas realcionadas. É o caso do teatro, con lecturas dramatizadas a cargoi de Raquel Castro, Paula Carballeira, Carlos Labraña, Ana Abad de Larriva, Ernesto Is, Avelina Pérez, Santiago Cortegoso, MarÃa Armesto, Roberto Salgueiro, Vanesa Sotelo e Esther F. Carrodeguas. Tamén para o audiovisual con dúas proxeccións de documentais : O Des-(en)freo, arredor da figura de Emma Pedreira, e Ilustr-ando, arredor do traballo de Luz Beloso. Dous obradoiros sobre maquetación e narrativa porán a parte formativa ao programa e cada noite rematarase a xornada cun clube de lectura a modo de Sesión Golfa sobre os libros Be Water (ed. Cuarto de Inverno) de AntÃa Yáñez, Un lume azul (ed. Xerais) con Pedro Feijoo e Carrusel (ed. Galaxia) de Berta Dávila. Na CafeterÃa.