Quiosco: Cuadernos de Estudios Gallegos, número 133

Arqueoloxía nas covas no sur de Galicia ou os plateiros composteláns do XIX entre os temas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cacharro datado no Neolítico final localizado nas Covas da Trapa. Fonte: Cuaderno de Estudios Gallegos

Cacharro datado no Neolítico final localizado nas Covas da Trapa. Fonte: Cuaderno de Estudios Gallegos

A emblemática revista Cuadernos de Estudios Gallegos chega ao seu número 133 correspondente a 2020 con artigos de investigación de diferentes periodos históricos, así como recensións sobre a actualidade das monografías históricas. Entre os numerosos artigos deste número, sobrancea a agardada publicación dos resultados da investigación nas Covas da Trapa, no monte Aloia, unha profunda cavidade natural na que foron localizados restos arqueolóxicos desde o Neolítico ata a Idade do Bronce, a cargo de Eduardo Méndez-Quintas e un nutrido equipo de investigadores e colaboradores. Tamén Ana Varela achégase aos plateiros composteláns de principios do século XIX ou membros do colectivo romanarmy publican os resultados da campaña arqueolóxica no recinto campamental romano de A Penaparda (A Fonsagrada, Lugo).

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Gallaecia nº37

A revista anual de Arqueoloxía e Prehistoria da USC ofrece cinco artigos e dúas recensións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Ana Varela, Idade do Bronce, Neolítico...

Claves

Protagonistas
Lugares