A celebración este 18 de maio do DÃa dos Museos desenvólvese nunha encrucillada. Por unha banda, esta é a semana na que boa parte destes centros abren as súas portas no noso paÃs logo de semanas fechados pola crise sanitaria, aÃnda que ao ser luns o dÃa habitual de descanso nestas instalacións, será martes 19 de maio cando se produza a apertura real. Pola outra banda, as propostas na rede continúan a concentrar, como nestas semanas, as propostas dos centros para a celebración.
Os museos dependentes da Xunta de Galicia anuncian a celebración baixo os eixes da "igualdade, a diversidade e a inclusión e na celebración de actividades dixitais e en liña". Certames como o do Museos de Belas Artes da Coruña, que convida a recrear obras na casa, obradoiros, publicacións de catálogos musicais, como o que presenta o Museo Massó ou vÃdeos a achegar visitas guiadas como os que achega o Museo Arqueolóxico de Ourense son algunhas das propostas que se fan desde estes centros dependentes da Xunta.
Tamén visitas guiadas, da man de personaxes históricas, fan parte da proposta dos Museos CientÃficos da Coruña para a data. O MARCO de Vigo, pola súa banda prepara unha intensa programación que inclúe mesas redondas, conversas coa ONG Grandes Amigos ou tres curtametraxes do festival Cheapcuts. O Museo de Pontevedra, abriu xa o pasado dÃa 15 as portas de Solpor unha exposición virtual de fotografÃas de Xulio Gil, Anxo Rial, Susi Suárez, Enrique Touriño e Miguel Vidal que se acompañan de versos de Curros EnrÃquez, RosalÃa de Castro, Celso Emilio Ferreiro, MarÃa Mariño e Manuel MarÃa.
Canda a isto, a entidade acordou prorrogar ata o 30 de agosto as exposicións Debuxantas e Leopoldo Nóvoa 1919-2019, en marcha cando comezou o confinamento, para que o público poida acceder a elas. No web do museo pódense ver ademais os vÃdeos do proxecto Voces diversas que senten o Museo. Nunha liña similar, o Museo de Belas Artes da Coruña ten tamén na rede os vÃdeos Voces do museo, nos que diferentes persoas falan sobre as súas experiencias no centro.
A Rede MuseÃstica Provincial de Lugo leva xa toda unha semana de coloquios e actividades arredor da celebración. Dentro do programa, este dÃa 18 abre a mostra virtual EsquecÃn esquecerte na que 24 artistas abordan a realidade do Alzheimer desde diferentes disciplinas.
En canto á apertura, este 19 de maio boa parte dos museos do paÃs abrirán a un terzo da súa capacidade para visitas individuais ou de unidades familiares. As reservas deberán facerse en liña e todas as actividades didácticas continuarán a se desenvolver de xeito virtual. Ademais, haberá tamén limitacións para actividades de investigación e novos protocolos de desinfección e limpeza de material. Pola súa banda, os Museos Municipais de Vigo non prevén pórse en marcha de xeito presencial ata o vindeiro dÃa 25 e, de xeito similar, Exponav, en Ferrol, ten no dÃa 26 a data para abrir as súas instalacións.