Capa Belo Horizonte Deseño: Camila Viéitez
O grupo Esposa ven de deixar nas plataformas dixitais dous traballo ao tempo, os EP
É o que hai e
Belo Horizonte, cos que xuntan oito temas , algúns deles xa presentes en discos colectivos e outras que son versións adaptadas de outros autores do seu universo referencial. Estes son os primeiros lanzamentos da banda despois daquel LP de debut
XardÃn interior (2017). En
Belo horizonte agrúpanse os catro temas de composición propia, o que dá nome ao disco é un tema composto e interpretado coa banda Pantis e os outros tres apareceron anteriormente en recopilatorios colectivos como
Galician Bizarre 3 (Autoeditado, 2018), no libro disco conmemorativo editado pola sala ourensá Torgal en 2018 ou, coma no caso de
Belo Horizonte en
Nada(l). 13 panxoliñas orixinais de 13 bandas galegas actuais (Xonix Records, 2017). No caso de
É o que hai o cuarteto ofrécenos a súa revisión de catro temas de artistas de referencia como Yo La Tengo (
Ohm), Modern Lovers, cun
Pablo Picasso cuxa versión lÃrica inclúe autorreferencias dos porpio Esposa; os Feelies (
É o que hai) e tamén de Billy Bragg coa coñecida
New England trocada aquà en
Pra que serve esta canción? nunha adaptación libre. Todas elas, dos dous Ep, en galego.
"No momento en que as cousas non poden ser como queremos, temos que facelas doutra maneira", asà de contundentes presentan Esposa o lanzamento conxunto de dous EP neste mesmo momento.
É o que hai e
Belo Horizonte, xorden como froito desta pausa na que os membros do grupo vénse separados ata por seiscentos quilómetros entre eles pero a súa música os mantén unidos. "Facer música é unha mestura entre o son que imaxinamos e o descontrol que o mundo bota sobre el", aseguran Esposa no seu Bandcamp. "É unha cousa bonita porque é fráxil e impredicible. A nosa vida tamén o é, e algunhas das cancións que escoitaredes falan diso: das distancias, dos cambios, de fallar, das formas de relacionarnosÂ… De aceptar o que vén e de facer cousas para resistirnos a iso que vén. Do medo a que o descontrol do mundo nos arrastre a sitios nos que non queremos estar, ou nos convirta en persoas que non queremos ser. Todos estes cambios implican dor, pero cando algo desaparece xa non hai regras, non hai inercia e hai que celebrar que aÃnda estea todo por facer". Esposo consideran que estes dous EP conteñen esa dor, pero ao mesmo tempo "a ilusión de seguir imaxinando algo as catro e a alegrÃa de reunirnos".