En xuño de hai 140 anos Manuel Curros EnrÃquez publicou no seu libro Aires da miña terra o famoso poema "O maio", un poema de denuncia da inxustiza pero tamén de esperanza, que se convertiu desde entón nun dos sÃmbolos da cultura galega, tamén a partir da lexendaria versión musical composta por LuÃs Emilio Batallán. Agora, para celebrar unha nova primavera, o CCG encargou unha nova versión deste tema a Natalia Zürcher coa produción e arranxo musical de Adrián Saavedra. E asà naceu esta nova versión de O maio que celebra os novos tempos e a esperanza. No vÃdeo, gravado durante o confinamento, participan músicos como Pablo Lesuit, Faia DÃaz, Narci RodrÃguez, Najla Shami, Eladio Santos, Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw. A edición foi de Jairo Moreno. Nestes tempos de confinamento, as palabras de Curros EnrÃquez e a alegrÃa desta composición lévanos á emoción da esperanza.