O pasamento esta semana da escritora Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 - A Coruña, 2020) encolleu o corazón da cultura galega, sumando pesar nestes momentos tan difÃciles. As mostras de loito de institucións, asociacións, entidades de todo tipo, asà como de intelectuais e todo tipo de xente amante da súa poesÃa non se fixeron de agardar ante a noticia. Os medios recolleron múltiples artigos de lembranza e laudatorias sobre Pozo Garza por parte de sinaturas recoñecidas da cultura galega. Co paso dos dÃas ademais as redes sociais, ferramenta de interconexión básica deste intre, foron recollendo algunhas achegas máis alá do recordo ou das fotografÃa e vÃdeos da poeta en vida. Asà a cantante UxÃa, a escritora Yolanda López, o crÃtico Ramón Nicolás e o historiador Carlos Pereira puxéronse ante as cámaras dos seus dispositivos para compartir un anaco de recordo en forma de lectura, canción ou homenaxe.
"Ou son unha silveira", de Prometo a flor de loto (1992) #LendoALuzPozoGarza pic.twitter.com/A95s0hR3rU
— Ramón Nicolás (@ramonnicolasr) 21 de abril de 2020