A onda expansiva do Estado de Alarma decretado está a afectar a numerosas citas culturais que tiñan prevista a súa realización posteriormente á finalización dos 14 dÃas do actual decreto de illamento social, e mesmo dentro do marco temporal de outros posibles 14 dÃas a seguir, que xa se está a contemplar como posible. Pero as decisións non sempre son de cancelación, en liña co que se está a pedir a nivel estatal usando o cancelo #ACulturanonsesuspendeprorrógase que fai un chamamento a promotores e organizadores de actividades culturais tanto públicos coma privados de non dar por perdidas esas iniciativas e buscar un futuro para elas. Como soubemos nas derradeiras horas o Festival de Cans deu a coñecer que á organización do evento audiovisual segue traballando co horizonte posto nas datas previstas inicialmente para a celebración do evento, do 19 ao 23 de maio, malia que non se descarta un posible aprazamento. O festival de Curtametraxes recibiu este ano 251 obras para as súas seccións competitivas. Desde o comunicado da organización asegúrase que é a súa prioridade actuar con prudencia e garantir que a protección da saúde prevaleza como criterio irrenunciable á hora de tomar calquera decisión. Porén seguir adiante coas datas previstas é unha excepción e son moitos outros os que optaron por ese adiamento no eido dos encontros audiovisuais coma Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), de Santiago de Compostela, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay e o Play-Doc de Tui. Do mesmo xeito as entidades organizadoras da Gala do Libro Galego 2020, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Federación de LibrarÃas de Galicia (FLG) e Asociación Galega de Editoras (AGE), acordaron adiar o evento que se Ãa celebrar o 9 de maio, en principio ata o outono deste ano.
No mundo dos eventos musicais os adiamentos son máis complicados por múltiples motivos e comportan grandes perdas en gastos de loxÃstica xa realizados e implican unha nova conformación de cartel. AÃnda asà hai algúns que non dan por perdido o ano, coma o festival metropolitano da Coruña Elas son Artistas, están a buscar xeitos de reorganizar o seu programa para poder celebralo ao longo dos vindeiros meses conscientes de que “a cultura será sen dúbida unha das actividades humanas que nos axuden a recuperarnos como sociedade”. Tamén o Esmorga Fest, que se Ãa realizar a pasada fin de semana está a buscar datas coa vista posta en setembro. O Melona Fest, que se Ãa celebrar o vindeiro 1 de abril, xa decidiu adiarse ata outono, coincidindo co SamÃn. Non puideron sacar esa opción adiante outros futuros eventos musicais como FIV de Vilalba que se Ãa celebrar os dÃas 24 e 25 de abril e xa decidiu a cancelación definitiva.