Poder facer audiovisual en Galicia con capacidade para proxectarnos no mundo foi unha das constantes reivindicacións da gala dos premios audiovisuais deste ano, que son os medidores do estado da cuestión deste importante sector cultural e empresarial. Nese sentido o resultado polo que a película O que arde e a serie de tv Hierro saíron do Pazo da Ópera como triunfantes da noite foi completamente coherente ademais de polo feito de que a calidade de ambas producións xa fora anteriormente recoñecida cun éxito sen precedentes por outros premios e polo propio público e audiencia. Os produtos máis internacionais da colleita anual, despois de triunfar en festivais e galardóns amosando o grande talento que contribuíu a facer deles exemplos da potencia audiovisual tamén foron así vistos nas súas votacións polos membros da Academia Galega do Audiovisual.
A pesares da longa sombra do coroavirus que ameazaba desde o alarmismo con boicotear calquera evento estes días, a xunta directiva da AGA tomou a decisión de sacar adiante nos termos previstos a gran festa do audiovisual galego xa que ningunha autoridade competente fixo advertencia no signo contrario. A grande asistencia deulles a razón e o Pazo da Ópera da Coruña volveu encherse un ano máis coa familia e amigos da sétima arte ataviados coas súas mellores galas. Os conselleiros de Cultura e Turismo e da carteira de Educación e Universidade asistiron ao acto con representantes de outras institucións. As novidades desta XVIIIª edición dos premios viñan da man da loxística sobre a xestión da parte máis festiva, separando o lugar da gala do da festa posterior, que se celebraría no Hotel Meliá María Pita da cidade herculina.
Unha gala áxil e elegante
A propia gala, con dirección de Luís Avilés e conducida pola actriz Patricia Vázquez, foi axustada aos seus horarios previstos o que resulta moi de agradecer nestes casos. A proposta escénica e de guión resultou efectiva á hora de facer o evento agradable e áxil, ademais de elegante e sinxelo con brillos dourados e pantallas de vídeo nunha composición moi ben manexada de imaxes. Os números de danza, acrobacia e música sen resultar espectaculares acadaron o seu obxectivo de entreter. As compañías Druída Danza e Pista catro de Circo puxeron as súas creacións mentres que da parte musical ocupábase en directo sobre o propio escenario a Orquestra Gaos e o seu coro infantil Minigaos, que xunto con Patricia Vázquez interpretaban pezas adaptadas nas súas letras para o evento, algunhas con grandes referencias cinematográficas ou da música universal. Cada parella de presentadores entregaba catro premios, reducindo así os tempos de entradas e saídas e a orquestra era tamén a executora dos avisos de limitación de tempo dos agradecementos en atril, entrando paseniñamente a pisar os discursos para indicarlles a necesidade de poñerlles final. Os violíns víronse obrigados a soar sobre reivindicacións de todo tipo coas que os premiados, ou outras persoas designadas por eles, aproveitaban a atención e difusión que dá o atril para defender causas que foron desde a abolición da tauromaquia, a sanidade e educación públicas, a defensa do rural, o tratamento á inmigración... Tamén as protestas de alumnas e profesores destes días na ESAD contra o acoso e todo o relacionado coas reivindicacións feministas tivo moita presenza desde o atril. Desde o guión da gala, unha vez que o reloxo fixo entrar o calendario no día 8, tamén houbo momento para que a condutora do evento fixese un alegato de igualdade e feminismo como correspondía coa data.
Premio ao último papel de Xan Cejudo
A noite comezou cun premio que era recoñecemento dun traballo pero homenaxe tamén, o do Premio a Mellor interpretación masculina de reparto, que foi a paras a título póstumo para o desaparecido Xan Cejudo pola súa interpretación na longametraxe Quien a hierro mata (Vaca Films). Carlos Amil recollía o Mestre Mateo acompañado dunha cálida e sentida ovación ao ausente Xan Cejudo. O premio sería un dos tres que acadaría a longametraxe de Vaca Films a pesares de estar de finalista en ata 15 categorías das 25 en competición. O traballo de María Vázquez como Mellor interpretación feminina de reparto e o feito polo equipo de maquillaxe e perruquería para o filme foron os outros dous Premios Mestre Mateo que a longametraxe recibiu na gala.
A directa competidora e finalmente gran triunfadora da noite dos Mestre Mateo foi O que arde de Oliver Laxe. O filme en galego máis premiado e máis visto da historia do noso audiovisual, venceu en seis das doce categorías nas que optaba a premio: obtivo os premios de Mellor Longametraxe -Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula- e Mellor Dirección para Oliver Laxe. Os académicos e académicas tamén recoñeceron a dirección de arte de Samuel Lema e Curru Garabal, o traballo na dirección de fotografía de Mauro Herce, na montaxe de Cristóbal Fernández e no son de David Machado, Amanda Villavieja, Sergio Silva e Xavi Souto. Nas recollidas dalgúns dos premios o equipo da película deu oportunidade de ter uns intres de protagonismo aos colaboradores cos que contaron na rodaxe, xente do rural, axentes forestais... Laxe tamén tivo palabras para os seus actores protagonistas, que non recolleron premio nesta ocasión, aos que mencionou con sarcasmo e cariño como intrusos ante a parte da profesión contraria ao uso de actores non profesionais nas producións. Os premios da Academia á película de Laxe non deixaron dúbidas, con todo, de que desde o sector audiovisual galego non se discute o éxito en certames, festivais e salas da cinta.
Hierro, a creación desde Galicia para o mundo
O outro gran nome da noite foi o de Hierro, como xa apuntaba o feito de romper a marca histórica de nomeamentos finalistas con ata 16 deles. Finalmente a serie de Portocabo, Movistar +, ArTe France e Atlantique Productions acadou catro meritorios galardóns: o premio a Mellor Serie de Televisión, ademais de Mellor Dirección de Produción para Ana Míguez, Mellor Guión para Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela e Mellor Música Orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font. Por vez primeira unha serie de televisión que non se emite na cadea pública galega, a TVG, foi gañadora do premio a mellor serie deixando ademais pouco espazo no resto dos premios para outras series televisivas emitidas na canle galega, apenas o premio de vestiario para Lobos e cordeiros. Con estes recoñecementos a Hierro queda xa como recordo o antecedente da anterior edición na que a produtora Bambú declinará presentar a candidaturas a serie Fariña ante algunhas críticas recibidas desde o ente televisivo galego que a consideraba allea. A actitude da academia e os seus membros votantes este ano semellan que entenden como propias as series nas que o talento dos profesionais e as produtoras galegas son as que sacan adiante os traballos audiovisuais e os espallan fóra dos límites xeográficos do país.
O primeiro dos premios que a noite daba a Hierro, o de mellor música orixinal, foi recibido con grande entusiasmo e esperanza pola actriz presentadora Eva Fernández, nun dos momentos da gala. Na propia recollida do mesmo premio deuse outra das anécdotas cando Elba Fernandez optou por achegar unha gravación co seu teléfono móbil dela mesma dando os agradecementos para non ter que facelo en directo e sufrir o efecto dos nervios.
A badalada de Eroski Paraíso cos mellores protagonistas
A sorpresa da noite chegaría coas entregas dos premios de interpretación protagonista masculino e feminino. Como gran tapada da noite a longametraxe Eroski paraíso coa que o grupo teatral Chévere fixo pasar ao audiovisual unhas das súas montaxes de máis éxito acadou os premios para os seus dous actores protagonistas: Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo. Os actores entraron en directo por vídeo desde Madrid onde a compañía está a presentar a súa obra Curva España en dúas simpáticas intervencións cheas de retranca e alusións intelixentes de todo tipo coma a do "Coruñavirus". O premio a de Lira chamou a atención porque xa era case unha tradición que cando Luis Tosar era finalista leaba sempre a estatua para casa. O magnífico traballo de Tosar neste caso en Quien a hierro mata perdeu ante o elaborado personaxe de Miguel de Lira que xa tivera ocasión de ir perfeccionando coas representacións teatrais previas á gravación do filme. Na recollida do premio de Patricia de Lorenzo por cargo da súa parella, o músico Xacobe Martínez Antelo, este non desaproveitou a ocasión para lembrar que tamén os premios do teatro e da música deberían ser retransmitidos desde a TVG como estaba a pasar cos Mestre Mateo. Os representantes do proxecto Olloboi, que levaron o premio José Sellier, aproveitaron a delegación feita neles por Miguel de Lira na recollida do seu premio para presentarse e solicitar un apoio á educación pública.
Igual que Eroski Paraíso o programa Segredos, desmontando Galicia acadou tamén dous premios: o de Mellor Programa de Televisión e Mellor Realización para Marcos Barrios Carreira. Moi ben recibidos tamén foron os premios a Mellor documental para Manoliño Nguema, producido por Filmika Galaika, e Homomaquia de David Fidalgo Omil co de Mellor Curtametraxe de Animación. Coa inmigración e a defense do benestar animal como bandeiras das súas temáticas as dúas producións foron moi aclamadas e celebradas. Antes de perder, de RTVE e Cósmica Producións, se fixo co premio á Mellor Serie Web. 16 de decembro, dirixida por Álvaro Gago, conquistou o de Mellor Curtametraxe de Imaxe Real, Santiago cidade de cinema, de Islandia Producciones, fixo o propio co de Mellor Anuncio e Esquimales (Heredeiros da Crus) de Xaime Miranda, co premio ao Mellor Videoclip, mentres que Lucía Regueiro obtivo o premio de Mellor Comunicadora polo seu traballo en Bamboleo.
Premio de honra e discurso da Academia
Ademais de premiar a excelencia dos profesionais e producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey, que este ano foi para o proxeccionista do CGAI-Filmoteca de Galicia José Maria Rodríguez Armada, Chema. O momento deste premio estivo acompañado dun vídeo no que os traballadores do CGAI compañeiros do premiado o felicitaban e gababan o seu labor na institución. A entrega viu precedida, como é tradición, polo discurso institucional da Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez que recalcou a necesidade de crecemento e espallamento polo mundo da industria audiovisual galega, a oportunidade das plataformas dixitais para iso e o enorme potencial e talento dun sector puxante, ademais de lembrar á televisión de Galicia a necesidade do seu apoio e lembrar aos responsables políticos a necesidade de poñer xa en marcha unha Film Comissión de Galicia que hoxe en día non existe e apostar así por facer medrar un sector "que pode que non salve vidas pero pode cambialas", rematou a presidenta da AGA.